Magosto 2019

Magosto 2019 

O venres 8 de novembro a partir das 12:30 da mañá celebramos o magosto no IES Val Miñor. Se queres ver as fotos dese día CLICA

Vicedirección organizou ó alumnado de 4º da ESO para que estivese todo a punto cando empezase a actividade. Un grande traballo!! Desenvolvéronse diversos xogos populares organizados polo departamento de Educación Física e o Equipo de Dinamización Lingüística.

Coma o día non acompañou moito, puxéronse a resgardo da choiva as zonas de desfrute de xogos, magosto e postos de comida... Pero finalmente, o tempo concedeunos un respiro e puidemos gozar tamén do campo exterior para os bolos celtas e a chave.

O alumnado participou de xeito moi animoso e competitivo. Tivemos varias roldas de desempates pola igualdade dos participantes!!

GRAZAS A TODOS!!

Powered by Drupal - Design by artinet