SAMAÍN 2018

O mércores 31 de outubro, para celebrar a festividade do Samaín, os alumnos de 1º e 2º ESO do IES Val Miñor, trouxeron as súas cabazas talladas para presesntalas á exposición e ao concurso, organizados polo Equipo de Dinamización Lingüística "O Brión". Durante a mañá do mércores os calacús decoraron o patio cuberto do noso centro.

Este ano destacou dun xeito especial a orixinalidade e a calidade dos traballos, así como a numerosa participación.

O xurado do concurso decidiu conceder premios ás seguintes cabazas:

1º Premio: Monstro fantasma (Uxía Lameiro, 1º ESOA)

2º Premio: Sombreiro encantado (África Otero e Paula López, 1º ESO B)

3º Premio: Cabaza Celta (Félix Pérez e Diego Pazo, 1º ESO B)

                Cabaza Queimada (Sara Alonso e Antía Vázquez, 1º ESOC)

PARABÉNS AOS PREMIADOS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!

Powered by Drupal - Design by artinet