Saltar navegación.
Inicio

CELANOVA 2017

O mércores 29 de marzo 22 alumnos de 3º ESO visitaron a vila de Celanova e a de Vilanova dos Infantes. Coñeceron alí o mosteiro de San Rosendo, a Casa dos Poetas, Torre Comarcal de Vilanova e a adega de San Vivián.

Puideron asistir tamén a un concerto didáctico de órgano impartido dende o mesmo coro do mosteiro. Dous alumnos Nair Piñeiro e Juan Luis Estévez de 3º ESO B, animáronse a acompañar o son do órgano coa frauta; interpretaron xuntos un fragmento dunha peza de Haendel.

"A viaxe a Celanova foi unha fermosa experiencia digna de repetir. Gocei moito coa visita ao mosteiro barroco... e coa da pequena capela exterior de estilo mozárabe"... di Pablo Lamothe de 3ºESOA.