Saltar navegación.
Inicio

Viaxe cultural ao norte de Galicia e Asturias

Viaxe cultural ao norte de Galicia e Asturias os días 17,18 e 19 de Xuño. Participan 27 alumnos da materia de Historia e Cultura das Relixións de 1º e 2º de ESO.

A viaxe pretende abarcar distintos aspectos culturais, desde os xeolóxicos como a visita á Praia de Augas Santas -as Catedrais- na costa norte de Lugo, ás Covas de Tito Bustillo en Ribadesella (Asturias), onde se combinan a evolución xeolóxica con evolución cultural (pinturas do PAleolítico), a visita ao LAgo Enol, ara a evolución cultural e tecnolóxica do ser human coas visitas ao Museo da Minería (El Entrego), Museo del Jurásico (Ribadesella) ou o Santuario de Covadonga.

No pimeiro día visitaremos a Praia de Augas Santas, as igrexas prerrománicas de Santa Maria del NAranco e San Miguel de Lillo e o centro histórico de Oviedo.

O segundo día visitaremos o Museo de la minería e o Santuario de Covadonga e o Lago Enol.

O terceiro día iremos á Cova de Tito Bustillo e ao Museo del Jurásico, nas proximidades de Ribadesella. Pola tarde e xa de regreso á cas faremos unha visita a Ribadeo.

Máis fotos da viaxe