ROTEIRO DA ESMORGA

O venres 12 de maio algúns alumnos de 4º ESO viaxaron a Ourense para realizar o percorrido que seguen na ficción os protagonistas da novela “A esmorga” de Blanco Amor.

 Ao remataren a ruta dirixíronse a Trasalba para coñeceren o pazo familiar do escritor Otero Pedrayo, onde este pasaba os veráns.

 Acompañounos un tempo chuvioso como o que caracteriza o ambiente da novela. Aínda así, a climatoloxía non foi impedimento para que algúns rapaces probasen, pola tarde, as augas quentes das termas da Chavasqueira.

O ILUSTRADOR IVÁN RODRÍGUEZ VISITA O VAL MIÑOR

O luns 8 de maio o ilustrador nigranés Iván Rodríguez, antigo alumno do IES Val Miñor, retornou o centro no que estudara o bacharelato para transmitir aos mozos e mozas de 3º e 4º ESO nocións básicas sobre o humor gráfico en galego. Unha iniciativa que se levou a cabo grazas á coordinación entre o servizo de Normalización Lingüística do concello de Nigrán e o noso Equipo de Normalización Lingüística “O Brión”.

 Foi unha actividade que se desenvolveu no marco da celebración das Letras Galegas 2017.

Podedes ver nas fotos adxuntas o resultado dalgúns gráficos realizados polos estudantes nesa xornada.

TENIS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DAS DUNAS DE GAIFAR. 2017

Rematamos a unidade didáctica de tenis nas pistas das dunas de Gaifar, co alumnado de 3º da ESO. O centro participa por terceiro ano consecutivo no programa tenis na escola da federación galega de tenis, que nos permite dispoñer do material de balde. Unha gran experiencia de novo.

Se CLICAS na imaxe poderás ver as fotos.

O ALUMNADO DE 4º DA ESO COÑECE O CICLO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

Os profesores do instituto de Tomiño Maria José Presa e Tito, explícaronlle ao alumnado de 4º da ESO o ciclo de aproveitamento e conservación do medio natural da familia de Agraria. Supuxo un achegamento a uns estudos bastante descoñecidos por parte do noso alumnado. Por outra banda,  supuxo unha sorpresa para as rapazas do noso centro que houbera adolescentes mulleres estudando este tipo de formacion.

CONCURSO DE ROBÓTICA DA UNIVERSIDADE DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL DE VIGO

O alumnado de 4º da ESO de Tecnoloxía participaron por primeira vez, no concurso de robótica da universidade de enxeñería industrial de Vigo. Grazas ao traballo realizado previamente nas aulas, chegamos á final do concurso. O concurso consistía en dúas probas: " o barrendeiro" e "o rastrexo".

Achegamos a continuación unhas fotos da actividade.

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CENTROS ADCRITOS

 Este venres 28 de abril os alumnos e alumnas de 6º de Primaria dos centros  Humberto Juanes de Vilameán e Da Cruz- Camos visitaron o  instituto onde continuarán os seus estudos obrigatorios.

25 de abril. A revolución das leitugas

O 25 de abril os alumnos e alumnas de 1º C-ESO tiveron o seu primeiro achegamento á horta escolar. Plantamos leitugas. Esperamos comelas no mes de xuño.

RUGBY EN PRAIA AMÉRICA.

Tras realizar unha unidade didáctica de rugby no instituto, achegámonos á praia a Praia América, para da man da federación galega de rugby, co seu programa rugby ready, vivir unha experiencia máis intensa, contando coa presencia e inestimable axuda de Diego Dolan encargado de desenvolver o programa da federación e do Vigo rugby club, que estaba representado por Maka Tatafu xogador do primeiro equipo do club, e Luis Martínez director da escola de rugby. A súa xenerosidade permitiu, que 90 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor de Nigrán, coñecesen un deporte que aquí en España é un deporte minoritario, pero en outros paises cercanos coma Francia ou Inglaterra teñen un gran arraigo.

TRABALLO CONXUNTO ENTRE A BIBLIOTECA E A MATERIA DE VALORES ÉTICOS

Durante o mes de marzo, os alumnos e alumnas de 2º de ESO coa súa profesora de Valores éticos Auxi Fernández de León e algúns membros da biblioteca, realizaron varios traballos sobre a biografía de Madame Curie destacando o papel que desempeñou na Primeira Guerra Mundial.

Marie Curie buscou e requisou todos os coches que puido e chegou a poñer en marcha ata vinte “Petit Curie” e dúascentas salas de radioloxía. Reclutou a súa filla Irene, que a acompañou nestas viaxes e converteuse nunha experta radióloga con tan só 18 anos. Entre as dúas chegaron a formar a máis de 150 técnicos. Gran número de feridos pasaron polas súas unidades de Raios X e calculase que salvou máis dun millón de vidas.

SOLIDARIEDADE NA III MILLA DE FANCONI

O domingo 26 de marzo, o instituto participou na III milla solidaria de Fanconi. Foi unha xornada chuviosa, pero cando tocaba correr, o ceo deu unha tregua. Esforzo e superación, valores que tódolos días nos amosa Juan. Estamos contigo!!! A por todas!!!

Powered by Drupal - Design by artinet