Saltar navegación.
Inicio

Regueifando no Val Miñor

Un curso máis participamos no obradoiro de regueifas organizado pola asociación ORAL de Galicia e subvencionado pola deputación de Pontevedra. O alumnado de 3ºESO coa materia de Oratoria aprendeu da nosa tradición para proxectala cara ao futuro en forma de copla e desafíos, aprendendo dos mellores: Luís o Caruncho na primeira sesión e Bieito Lobariñas na segunda. Agora a ensaiar e a ver se somos seleccionados para participarmos no certame provincial.

MAGOSTO 2023

(Clica para ver as fotos e vídeo) Polo san Martiño trompos ao camiño e pola santa Olaia, trompos á borralla. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro. O asado de castañas e os xogos populares, fixeron do día, unha xornada chea de risas, movemento, interacción, olor a castañas, participación, convivencia, que crearon un ambiente cálido e distendido, onde nos transportamos ás tradicións do outono. Faltaba o veraniño de san Martiño, pero se chove que chova. 

Charla sobre o acoso escolar para o alumnado de 1ºC-ESO. RELATORA EVA MÉNDEZ DO CENTRO DE APOIO EDUCATIVO APREHENDO.

Hoxe, 25 de outubro de 2023, recibimos a Eva Méndez Santos, do centro de apoio educativo APREHENDO de Gondomar.

A súa charla abordou o tema do acoso escolar co alumnado de 1ºC-ESO.

Queremos agradecer a relatora o seu bo facer e a sintonía que acadou cos alumnos e alumnas. Por sorte, pronto volverá para tratar deste mesmo asunto cos grupos de 3º de ESO.

O CLUB DE LECTURA comeza o curso 2023/24 con estas dúas novelas: Mentira de Care Santos e Morning Star de Xosé Miranda.

 

O club de lectura do IES Val Miñor comeza  con estas dúas novelas. A primeira pensada para a ESO e a segunda para Bacharelato.

Concursos de Samaín 2023

Consulta as bases aquí abaixo no documento adxunto:

Laura Álvarez

PROXECTO DE COMUNICACIÓN E PREVENCIÓN DO VAL MIÑOR. SESIÓN INFORMATIVA LUNS 23 DE OUTUBRO ÁS 18:30 horas..

O próximo luns 23 de outubro ás 18:30 horas no Salón de Actos do IES VAL MIÑOR terá lugar a sesión informativa sobre o proxecto de comunicación e prevención do Val Miñor (Habilidades comunicativas intrafamiliares e prevención de consumo de tóxicos) cuxas relatoras son persoal sanitario cualificado en habilidades sociais.

Estará dirixido para as familias e o alumnado de 3º de ESO.

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MEDIÁTICA PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.

O obxectivo do obradoiro realizado en colaboración co CIM e con Cru Producións é reflexionar sobre o presente e o futuro da educación mediática tendo presente de maneira especial a necesidade de suscitar actitudes críticas respecto aos medios de comunicación e produtos audiovisuais.

REPRESENTANTES DO CENTRO JUAN MARÍA FALÁRONLLE AO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO DO VOLUNTARIADO.

Vane, Yago e David, alumnos do centro de Educación Especial, faláronlle ao noso alumnado de 1º de bacharelato do voluntariado. Agradecemos o seu gran labor e as súas ensinanzas. Grazas por todo.

O CLUB DE LECTURA O NIÑO DO BRIÓN COMEZA UNHA NOVA ANDAINA NESTE CURSO 2023-24.

 

O club de lectura do IES VAL MIÑOR comeza un novo curso con renovadas ilusións e con máis participantes que nunca.

Boa lectura para todos e todas!.

Distribuir contido