PRESENTACIÓN ENTRE OS TITORES E TITORANDOS. POR FIN SE VEN AS CARAS, PARA COMEZAR CO PROGRAMA TEI.

O mércores 25, tras varias sesións formativas nas que o alumnado comprendeu e se implicou na participación deste programa de titoría entre iguais, fíxose a presentación entre o alumnado de 3º da ESO e o alumnado de 1º da ESO . Establecéndose esa canle de comunicación e de confianza tan importante.

Respirábase nerviosismo, pero tamén compromiso e por parte do profesorado expectativas moi altas respecto a esta iniciativa. Comeza a camiñar esta experiencia, que esperemos se poida continuar e axude a mellorar a convivencia no centro. Temos moitas esperanzas postas no programa.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO, REALIZOU UNHA SAÍDA Á UNIVERSIDADE DE VIGO, PARA ACLARAR AS SÚAS DÚBIDAS RESPECTO ÁS CARREIRAS UNIVERSITARIAS.

O alumnado do IES Val Miñor de 1º BAcharelato visitou as distintas dependencias da universidade de Vigo, para coñecer as carreiras universitarias, que se imparten nos distintos campus desta Universidade.

Escolas de Nais e Pais

Dan comenzo, un ano máis, as "Escolas de Nais e Pais" na Mancomunidade do Val Miñor. Máis información no ficheiro adxunto.

O PROFESORADO DO CENTRO EN FORMACIÓN PERMANENTE. FORMÁNDONOS PARA A IMPLEMENTACIÓN DO PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS

Parte do profesorado do centro, está formándose co obxectivo de implementar no centro un programa de titoría entre iguais, o programa TEI. Co obxectivo fundamental de mellorar a convivencia no centro.

Se queres saber algo máis sobre o programa clica  AQUÍ.

O creador do programa é Andrés González Bellido. Que foi o noso relator na formación levada a cabo no CEFORE de Vigo xunto a outros institutos interesados en implementar este programa.

QUINCE ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO CELEBRAN CO CEE Juan María o día internacional da discapacidade.

Alumnos e alumnas de 4º da ESO participaron nunha actividade conxunta co alumnado do Centro de Educación Especial Juan María co gallo do día internacional da discapacidade.

RESULTADO PUBLICITARIO DO OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é o cartel publicitario resultante das propostas elaboradas polos alumnos e alumnas de 4º da ESO  cando traballaron no obradoiro de prevención da violencia de xénero.Coas súas ideas unha empresa publicitaria realizou este cartel que serviu para a campaña para o 25 de novembro do Concello de Nigrán.

BREIXO, LÚA ÁLVAREZ E INÉS FERNÁNDEZ ,EX-ALUMNOS DO IES VAL MIÑOR, FALANNOS DAS SÚAS EXPERIENCIAS UNIVERSITARIAS.

Hoxe, venres 9 de decembro tivemos a agradable visita de tres ex-alumnos/as do IES VAL MIÑOR. Breixo, alumno universitario da Universidade de Barcelona que está facendo o dobre grao de matemáticas e física, Lúa que está estudando na mesma cidade Arquitectura e Inés que a temos aquí na casa estudando maxisterio e continuando cos seus estudos de música faláronlle aos seus ex-compañeiros de 1º de bacharelato, 4º da ESO e o alumnado de Física de 2º de Bacharelato o que lle gusta das súas carreiras, a quen lla recomendan, da vida fóra da casa, da importancia de estudar música,deporte e idiomas...

SEMANA DA CIENCIA: EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DO SISTEMA SOLAR

Con motivo da Semana da Ciencia, o departamento de Ciencias Naturais organizou unha exposición no patio cuberto,con maquetas feitas polos alumnos de 1º ESO. Os modelos representan o Sistema solar cos astros a escala ou ben as posicións da Terra con respecto ao Sol ao longo do ano. Todos os alumnos e alumnas amosaron o seu interese e demostraron a súa creatividade nunhas maquetas moi ben feitas, aplicando os coñecementos adquiridos nas actividades de aula.

OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO están traballando nun obradoiro de prevención de violencia de xénero cunha duración de catro sesións. Esta actividade faise en colaboración co CIM- centro de información da muller- do Concello de Nigrán.

Powered by Drupal - Design by artinet