VISITA DE MARTA MÍGUEZ TELLE. ACTUAL SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE.

O venres 17 de marzo, honrounos coa súa visita a Secretaria Xeral para o deporte para falarnos do deporte feminino, e serviunos como gran referente. Pois é unha muller con grandes éxitos, recollidos no seu palmarés coma lanzadora de xavelina. E como muller cunha alta responsabilidade nun alto cargo no goberno autonómico. Foi un acto de visibilización e de empoderamento. A continuación achegamos fotos da mesa redonda, onde algunhas alumnas deportistas do centro. Podedes atopar nos arquivos adxuntos a presentación feita polas alumnas.

Repercusión na prensa. https://valminortv.com/2017/03/17/a-secretaria-xeral-para-o-deporte-presenta-o-programa-mulleres-bravas-bravisimas-no-ies-val-minor/

ULTIMAS RECETAS CON TERESA

O alumnado de 1ºC-ESO  recibiu hoxe por parte de Teresa unha estúpenda clase de cociña. Fixeron un postre tradicional italiano - Tiramisú -e Tarta da avoa.

Convocatoria de axudas para participar no Programa "Campus Científicos de Verano" Convocatoria 2017

Plazo de presentación: 07 de marzo de 2017 ata 24 de marzo de 2017. Hora límite de presentación de solicitudes  15:00 horas. Alumnos/as que cursen estudios na modalidade de Ciencias de 4 ESO e 1º curso de Bachallerato BOE: 06-03-2017

[ - - - -> Máis Información <- - - - ]

Actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de ESO e Bacharelato

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos de ESO e Bacharelato.

[ - - - -> Máis Información <- - - - ]

O LUNS 20 DE FEBREIRO O ALUMNADO DO PROGRAMA TEI VIVIU UNHA XORNADA DE SENDERISMO, APADRIÑAMENTO MOTEIRO E MÚSICA.

Os alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO viviron unha xornada de afianzamento da súa relación mediante actividades de senderismo, coñecemento dos valores moteiros dos costumeiros de Galicia (Custom Vulcan Galicia) e de dous grupos musicais. Ao mesmo tempo, o alumnado de 3º da ESO recibiron os carnés que os identifican como titores/as dos alumnos e alumnas do primeiro ano. Nestas actividades tivemos o seguimento de diversos medios informativos entre eles destacar Val Miñor TV, FARO DE VIGO e a Televisión de Galicia (aquí tedes os enlaces):

http://www.crtvg.es/informativos/un-instituto-de-nigran-quere-favorecer-a-convivencia-a-traves-de-padrinos-2739720

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-seran-2739733

O alumnado de 1ºC-ESO acode a representación de danza contemporánea : MULLERES EN ACCIÓN -VIOLENCIA ZERO

Os alumnos e alumnas de 1º ESO-C acudiron hoxe 21 de febreiro a praza do Concello de Nigrán a ver o espectáculo de danza contemporánea da formación PERDOMUS. Un alegato contra a violencia da muller organizado pola Deputación de Pontevedra.

MODELADO 3D DE OBXECTOS REAIS POR ESCOLARES

Juan Ortiz Sanz, profesor da USC, falounos hoxe 15 de febreiro  sobre a elaboración de modelos 3D de obxectos reais, que son figuras virtuais tridimensionais, a escala, que representan fielmente a realidade e que se empregan en multitude de campos (medicina, veterinaria, arquitectura, moda, automoción, videoxogos, accesibilidade...).

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO "EXPLORAN O VAL MIÑOR"

Hoxe 9 de febreiro o alumnado de 2º da ESO asistiu a unha conferencia sobre a historia do Val Miñor e os seus recursos económicos, patrimoniais, turísticos, de lecer.... un interesante achegamento de aquilo que teñen máis cerca e que moitas veces nos é descoñecido.

Os encargados de facer esta magnífica labor foron os alumnos e alumnas  do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Val Miñor. 

CHEGOU " SAN VALENTÍN" Á BIBLIOTECA DO IES VAL MIÑOR

14 DE FEBREIRO DÍA DOS NAMORADOS E NAMORADAS.

É AMOR CANDO.....

NON É AMOR CANDO....

 ALGÚNS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO BUSCARON  A VERDADEIRA RESPOSTA NA BIBLIOTECA DO IES VAL MIÑOR.

O alumnado de 1º C-ESO participa no programa "Clases sen fume"

O alumnado de 1ºeso-c participou este martes 7 de febreiro nunha dinámica de clases sen fume.

Powered by Drupal - Design by artinet