XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CENTROS ADCRITOS

 Este venres 28 de abril os alumnos e alumnas de 6º de Primaria dos centros  Humberto Juanes de Vilameán e Da Cruz- Camos visitaron o  instituto onde continuarán os seus estudos obrigatorios.

25 de abril. A revolución das leitugas

O 25 de abril os alumnos e alumnas de 1º C-ESO tiveron o seu primeiro achegamento á horta escolar. Plantamos leitugas. Esperamos comelas no mes de xuño.

Inmersión lingüística: Estado das solicitudes entregadas

Nos seguintes ficheiros inclúese o estado das solicitudes do Programa de Inmesión lingüística

RUGBY EN PRAIA AMÉRICA.

Tras realizar unha unidade didáctica de rugby no instituto, achegámonos á praia a Praia América, para da man da federación galega de rugby, co seu programa rugby ready, vivir unha experiencia máis intensa, contando coa presencia e inestimable axuda de Diego Dolan encargado de desenvolver o programa da federación e do Vigo rugby club, que estaba representado por Maka Tatafu xogador do primeiro equipo do club, e Luis Martínez director da escola de rugby. A súa xenerosidade permitiu, que 90 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do IES Val Miñor de Nigrán, coñecesen un deporte que aquí en España é un deporte minoritario, pero en outros paises cercanos coma Francia ou Inglaterra teñen un gran arraigo.

TRABALLO CONXUNTO ENTRE A BIBLIOTECA E A MATERIA DE VALORES ÉTICOS

Durante o mes de marzo, os alumnos e alumnas de 2º de ESO coa súa profesora de Valores éticos Auxi Fernández de León e algúns membros da biblioteca, realizaron varios traballos sobre a biografía de Madame Curie destacando o papel que desempeñou na Primeira Guerra Mundial.

Marie Curie buscou e requisou todos os coches que puido e chegou a poñer en marcha ata vinte “Petit Curie” e dúascentas salas de radioloxía. Reclutou a súa filla Irene, que a acompañou nestas viaxes e converteuse nunha experta radióloga con tan só 18 anos. Entre as dúas chegaron a formar a máis de 150 técnicos. Gran número de feridos pasaron polas súas unidades de Raios X e calculase que salvou máis dun millón de vidas.

SOLIDARIEDADE NA III MILLA DE FANCONI

O domingo 26 de marzo, o instituto participou na III milla solidaria de Fanconi. Foi unha xornada chuviosa, pero cando tocaba correr, o ceo deu unha tregua. Esforzo e superación, valores que tódolos días nos amosa Juan. Estamos contigo!!! A por todas!!!

CELANOVA 2017

O mércores 29 de marzo 22 alumnos de 3º ESO visitaron a vila de Celanova e a de Vilanova dos Infantes. Coñeceron alí o mosteiro de San Rosendo, a Casa dos Poetas, Torre Comarcal de Vilanova e a adega de San Vivián.

Puideron asistir tamén a un concerto didáctico de órgano impartido dende o mesmo coro do mosteiro. Dous alumnos Nair Piñeiro e Juan Luis Estévez de 3º ESO B, animáronse a acompañar o son do órgano coa frauta; interpretaron xuntos un fragmento dunha peza de Haendel.

"A viaxe a Celanova foi unha fermosa experiencia digna de repetir. Gocei moito coa visita ao mosteiro barroco... e coa da pequena capela exterior de estilo mozárabe"... di Pablo Lamothe de 3ºESOA.

VISITA AO CENTRO DA ESCRITORA INMA LÓPEZ SILVA

O 16 de marzo estivo co alumnado de 1º e 2º Bach. do IES,  Inma López Silva para falarnos do seu libro Aqueles días en que eramos malas. Contounos como se documentou, como foi escribindo a novela e contestou as curiosidades do alumnado que lera o libro.

https://valminortv.com/2017/03/13/marzo-e-o-mes-da-muller-no-ies-val-minor/

QUE TEN QUE VER A QUÍMICA CON NÓS

Este luns, 20 de marzo, o profesor de Química Orgánica da USC Ricardo Riguera deu unha conferencia ao alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato sobre a importancia da Química, destacando o seu uso nos fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía...

Powered by Drupal - Design by artinet