Saltar navegación.
Inicio

A CARA OCULTA DO XENOMA, AS ENFERMIDADES RARAS POR MAURO LAGO DOCAMPO

O pasado venres, 24 de setembro, o alumnado de 2º de bacharelato da materia de Bioloxía asistíu á charla “A cara oculta do xenoma, as enfermidades raras” impartida por Mauro Lago Docampo, investigador do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas) da Universidade de Vigo.

Na charla abordouse o xeito no que se estudan os efectos das mutacións xénicas na determinación dalgún tipo de enfermidades.

MATRÍCULA 2021-22

Para a formalización da matrícula no IES Val Miñor para o curso 2021-2022 é necesario cubrir o impreso de matrícula e aportar documentación.

Os alumnos que no curso 2020-2021 estiveran matriculados neste centro entregaráselles o boletín de notas.

  • Os que aproben todo recibirán co boletín un sobre de matrícula co impreso e a información da documentación que hai que presentar.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-22

No arquivo adxunto atoparedes a relación de libros de texto para o curso 2021-22. CLICA

CANDO MEDIR O NIVEL DE CO2 COMEZOU A FORMAR PARTE DA VIDA DAS NOSAS AULAS

Remata un curso que será inesquecible para o alumnado, profesorado e todos os traballadores do IES Val Miñor. As nosas aulas enchéronse de metros de distancia entre amigos e compañeiros, mesas cheas de rolos de papel, desinfectantes, hidroxeles, mamparas, máscaras, libros e material imposible de compartir, …

Dende aqueles primeiros días convivimos en aulas e espazos cotiás con portas e ventás sempre abertas de par en par, con chuvia ou vento, con sol ou brétemas. As mantas formaron parte do noso vestiario habitual, xunto cos abrigos, luvas ou bufandas.

PARABÉNS AS NOSAS ALUMNAS MARTA BALADO GONZÁLEZ, UXÍA GAGO GONZÁLEZ E MARÍA VALTIERRA VEIGA

Acaban de ser recoñecidas as nosas alumnas María Valtierra e Uxía Gago González, nun acto oficial da consellería, polo seu extraordinario resultado nas probas ABAU.  Foron quen de acadar unha nota superior a 9 na parte obrigatoria das ABAU (nota que ten en conta a cualificación da parte xeral e a nota do seu expediente académico). Tamén acadou ese logro de superar o 9 a nosa alumna Marta Baladao González. Sentímonos moi orgullosos.

Distribuir contido