Concurso de relatos de Santos e Nadal

CONCURSO DE RELATOS DE “SANTOS E NADAL”

“CONTOS DO BRIÓN”

O equipo de Normalización lingüística decidiu conceder, nesta edición de 2014, os premios aos seguintes relatos presentados:

  • No PRIMEIRO CICLO DA ESO concedéuselle o premio a un relato feito con imaxinación que nos leva da man por un percorrido de ficción ben construído ata un final que atrapa ao protagonista e ao lector.

Foi para o relato titulado: O portal ao inframundo pertencente a RUBÉN CAMESELLA (2º B)

NO MAGOSTO DO INSTITUTO, O PATIO ENCHEUSE DE XOGOS POPULARES.

O pasado venres 14 de novembro, celebrouse o magosto no instituto, enchéndose o patio de castañas e xogos populares.  Xogamos ás buxainas, ás tabas, aos tres pés, á pelexa de galos, ás carreiras de sacos, aos zancos, á chave, á rá,  á soga-tira... A participación do alumnado e do profesorado foi alta, facendo que resultase unha xornada moi lúdica e onde recuperamos o valor etnográfico e cultural, dunha festa, tan propia coma o magosto. 

Curiosidades:

Saída didáctica ao museo científico no concello de Nigrán.

Nos días 11 e 13 de novembro os alumnos de segundo, terceiro e cuarto da ESO visitaron o museo científico instalado no salón de actos do concello de Nigrán, no marco da semana da ciencia. Os departamentos que paticiparon na actividade foron o de Bioloxía e Xeoloxía, o de Física e Química e o de Tecnoloxía. Nesta actividade os alumnos poideron coñecer as aplicacións da ciencia en diferentes aparellos e dispositivos.

CELEBRANDO A SEMANA DA CIENCIA 2014-2015 NO IES VAL MIÑOR

SENANA DA CIENCIA NOVEMBRO 2014-2015

Como todos os anos, a primeira semana de Novembro, no IES Val Miñor celebramos a semana da Ciencia cunha serie de actividades realizadas polos alumnos de Ciencias Naturais da ESO.

Cabazas do Samaín do 2014

SAMAÍN 2014

Dos días 27 ao 30 de outubro, os alumnos de ESO e Bacharelato, contribuíron coas súas cabazas talladas, á exposición que permaneceu durante toda a semana. A participación foi numerosa e os traballos presentados superaron a calidade doutros anos.

TRABALLANDO A NOSA CONDICIÓN FÍSICA NAS INSTALACIÓNS DA PISCINA DA RAMALLOSA

O 27 de outubro, o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañados polas profesoras Liliana e Adela, realizamos unha xornada de actividade física nas instalacións da Ramallosa, para mellorar a nosa condición física. Grazas ä colaboración do equipo técnico da piscina puidemos realizar actividades coma o spinning, pilates, spartan games.

A participación do alumnado foi todo un éxito, dérono todo 65 alumnas e alumnnas e a meteoroloxía acompañounos cun gran día soleado. Non se podía pedir máis.

SAÍDA DIDÁCTICA á UNIVERSIDADE DE VIGO

O próximo día 24 de outubro o alumnado de 2º de bacharelato terá unha saída á universidade de Vigo. A saída será ás 8:30 horas e a hora de chegada ás 14:00 horas.

RUGBY NO IES VAL MIÑOR

O mércores 1 de outubro, ás 12:00, o IES Val Miñor de Nigrán, recibiu a visita do club de rugby de Vigo, para promover este deporte entre os escolares de Nigrán.

Powered by Drupal - Design by artinet