Convocatoria Extraordinaria de Exames de 2º de Bacharelato (a que anteriormente desenvolvíase ao comezo do mes de Setembro)

Os exames correspondentes á "Convocatoria Extraordinaria" desenvolveranse segundo o horario detallado no seguinte gráfico.

O ALUMNADO DE 3ºC-ESO DESFRUTANDO DO PREMIO Á AULA CON "MELLOR AMBIENTE".

Os alumnos e alumnas de 3ºC-ESO desfrutaron no Ecoparque de Marín do merecido premio recibido por ser a aula máis limpa e coidada.

POESÍA E CREATIVIDADE EN GALEGO POLO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.

 O alumnado de 3º e 4º da ESO traballou coa profesora de galego Carme Giráldez a poesía e a creatividade.

PARTICIPANDO NA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA OS CENTROS "Juan María".

O instituto Val Miñor participa na campaña solidaria de recollida de tapóns co centro específico de Educación Especial Juan María.Grazas a esa doazón o centro de Educación Especial pode reciclalos creando unha actividade útil e entretida para persoas con diversidade funcional. Co recadado financian proxectos destinados aos seus usuarios.

CREACIÓN DE ESPAZOS INTERACTIVOS E SOCIALIZADORES NO PATIO.

Un dos obxectivos da mellora da convivencia era a creación no patio escolar de espazos inclusivos e diferentes de socialización para o alumnado . Aquí temos unha mostra. Pedimos a todo o alumnado que se responsabilice destes lugares de lecer para desfrute de todos e todas.

RUGBY EN PRAIA AMÉRICA

O martes 28 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato finalizou a unidade didáctica de rugby, cunha práctica de calidade na praia. Agradecer á Federación española e galega de rugby, que a través do seu programa GET INTO RUGBY, nos brindase a oportunidade de contar con Diego Dolan e a donación de material que fixo ao centro. Asemade agradecer ao Vigo Rugby a súa xenerosidade por estar aí sempre que se lles chama para facer esta sesión de aprendizaxe. A continuación unhas fotos da actividade, se clicas nelas poderás ver máis.

OUTRO XEITO DE COÑECER O TEOREMA DE PITÁGORAS.

O alumnado de 2º de ESO chegou a coñecer o Teorema de Pitágoras coa súa profesora Patricia dun xeito máis práctico.

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO A PASO. PUNTO FINAL

CHEGOU O FINAL. ASÍ QUEDOU O MARABILLOSO MURAL FEITO POLO ALUMNADO DE 1ºDE ESO, 3º e 4º de ESO e 1º de BACHARELATO  e diríxidos pola profesora Begoña.

10 DÍAS DE FROITA. UN ANO MÁIS O IES SUPERVITAMINÍZASE.

Durante 10 días voltaron a repartirse kilos e kilos de froita, da que non quedou nin chío. Foron días saudables no patio. O ano que ven máis. Gustaríame dar as grazas ao alumnado e profesorado que participou no reparto da froita, pois sen este gran traballo en grupo, esta iniciativa non se podería levar a cabo.

VISITA AO IES VAL MIÑOR DOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO.

Hoxe, 22 de maio, recibimos ao futuro alumnado de 1º ESO do curso 2019-2020 dos centros adscritos: CEIP da Cruz-Camos e CEIP Humberto Juanes.

Viñeron acompañados polo seu profesorado e pasaron un día "festivo" connosco. Aquí os temos nun momento do recreo.

Powered by Drupal - Design by artinet