O vixía no centeo, de JD Salinger
Enviado por Anónimo o Mér, 13/10/2010 - 17:07
Iniciar sesión |
O vixía no centeo, de JD Salinger
Enviado por Anónimo o Mér, 13/10/2010 - 17:07
|
Blogs do centroEventos
O Valle Divulga |
Pavel Rupakov. 2º Bacharelato Adultos
Trátase dunha novela escrita desde o punto de vista do personaxe principal, que é un adolescente de 17 anos que explica a súa historia desde o momento no que é expulsado dun Colexio Privado "Pencey" ata a chegada á súa casa. O tempo da historia ocupa unha semana, mentres que o discurso é considerablemente máis largo. Isto é así xa que Holden Caulfield explica a historia con todos os detalles posibles para que quede claro o seu punto de vista. A linguaxe da novela é moi específica, posto que usa un rexistro coloquial pero con aspectos vulgares e expresións malsoantes.
PERSONAXES DA OBRA:
HOLDEN CAULFIELD: é narrador- protagonista da obra, é el quen nos explica toda a historia en primeira persoa. IRMÁ MENOR PHOEBE: Ten 10 anos e é moi intelixente.
ALLIE, O IRMÁN do personaxe principal, morreu por leucemia uns anos antes do inicio da historia.
PAIS DE HOLDEN: Aparecen na obra e temos moi poucas referencias deles, non se saben os seus nomes. O pai é avogado e a nai é ama de casa.
PERSONAXES SECUNDARIOS: PROFESORES DE HOLDEN E OS SEUS COMPAÑEIROS DE CUARTO COMO STRAEDLATER OU MR. TURNER.
A obra presenta unha estrutura redonda, é dicir que empeza polo final e logo fala de maneira lineal pero con frecuentes saltos temporais cara atrás. En definitiva é unha obra magnífica e recomendo a todos lela polo menos unha vez.
Verónica Rodríguez Martínez, 1º bacharelato adultos
Libro narrado en primeira persoa que describe as súas vivenzas por Nova York, todas irrelevantes a fin de contas, dun adolescente de boa clase social expulsado do seu último colexio, e que decide non esperar a que chegue o mércores para saír de alí, pero que tampouco quere chegar á casa antes da data. Típico adolescente snoop, atormentado e contraditorio.
Non aconsello o libro. É moi monbótono, o rapaz retoma palabras de frases anteriores para volver a repetilas. O peor de todo é que toda esa pedantería quédase en meras situacións sen importancia. Describe ate o máis mínimo detalle de todo, pero tanto as personaxes como as situacións polas que pasa non son interesantes e tal e como veñen vanse, sen chegar a xogar un papel transcendental na historia.
Beatriz Sánchez García 1º Bach. Adultos.
J.D. Salinger na súa obra escribe sobre a vida dun rapaz que se chama Holden, de 16 anos, que odia a todo o mundo e ten fortes cambios de humor na súa vida cotiá.
Vivir maldicindo e odiando todo o que te rodea, o amor, os estudos, a familia...Iso fai que a vida se converta nun castigo, e polo tanto non querer vivir como lle sucede ás veces ao protagonista desta obra... Aínda así, sentir o amor cara algunha persoa (Phoebe) pode facer que revivan as ilusións por chegar a ter unha mellor vida e poder superar as metas da vida futura e incluso facer as paces consigo mesmo.
Non recomendo este libro, desde o meu punto de vista, non é interesante de ler e paréceme unha historia sen pés nin cabeza.
Alba Balseiros Casal, 1º de bach (E )
Salinger, nesta obra, amósanos as inquedanzas, os problemas, os sentimentos... dun adolescente, por medio do protagonista, bastante arisco e con cambios constantes de humor, que nos conta en primeira persoa parte da súa historia, cóntanola mediante unha viaxe a Nova York, a cal , debido aos problemas derivados do seu baixo rendemento na escola, problemas amorosos, que o levarán a ter unha forte discusión co seu compañeiro de habitación, e tamén os problemas, máis ben a falta de comunicación con seus pais, será o que fará que se vexa involucrado en diferentes sucesos nada recomendables. Igualmente móstrase a morriña polo seu irmán, que morreu cando eran pequenos, pero do que garda grandes recordos, e a súa irmá pequena coa cal ten unha conexión especial.
Ao final resólvese todo, mellora a relación cos seus pais e proponse mellorar o seu rendemento académico.
O libro, ao ser narrado polo propio protagonista e este ser un adolescente rebelde caracterízase por unha linguaxe sinxela, chea de interxeccións e bastantes insultos.
Rafael Piñeiro Turrado, 1º de bach (B)
A acción sitúase a comezos da segunda metade do século XX e xira arredor da mocidade. O autor busca esas características dos adolescentes que os fan tan diferentes ao resto: aloucados, inmaduros... É un libro extenso, pero de fácil comprensión, xa que en cada parágrafo aparece moita información sobre o que pensa o protagonista ou o que lle suxiren certas cousas. O vocabulario é semellante ao empregado polos adolescentes: multitude de tacos, faltas de respecto á xente... polo que non é moi técnico. A acción do libro transcorre por todo Nova York: polas súas avenidas, o Zoo, Central Park... É un libro no que a acción transcorre moi lentamente, xa que o autor practicamente narra todo o que acontece na vida de Holden, o protagonista. A acción do libro transcorre en menos dunha semana, pero existen frecuentes analepses, e algunha prolepse, sobre todo para aclarar feitos.
Desde o punto de vista de Holden, un rapaz inadaptado en todos os lugares onde estivo, cóntasenos a vida dos adolescentes, centrándose en que varían a súa opinión con moita facilidade e son fáciles de alporizar. Holden con nada se ilusiona, con todo se aburre, non soporta o mundo hipócrita que o rodea nin a estupidez que lle atribúe a todas aquelas persoas que vai coñecendo. Séntese perdido, vaise facendo adulto e sente que se converte no mesmo que aborrece dos demais. O seu desexo, que lle manifesta á súa irmá, é o de ser o garda dos nenos que estivesen a punto de precipitarse no baleiro, como lle está a pasar a el.