VARIAS ALUMNAS PREMIADAS NO BEN VEÑAS MAIO 2017

No Ben veñas maio 2017 o segundo premio de música foi para a banda Zippo na que están as alumnas Desirée Da Silva Martínez de 2º de Bacharelato e Elena Corbillón Cabrera de 4º de ESO. No concurso de poesía o primeiro premio na categoría A foi para a alumna de 2º de ESO Paula Domínguez Barreiro coa obra "A araña"e o segundo para a alumna tamén de 2º de ESO Carla Gutiérrez Arias coa obra "Un poema". Noraboa para todas elas. Pincha na ligazón para ver todos os premiados do Certame. Tamén tedes unha fotografía das nosas poetisas e un vídeo da actuación da banda Zippo.

Información Faro de Vigo Ben Veñas Maio