CASE 500 ALUMNOS DO IES VALLE INCLÁN PARTICIPARON NUNHA CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A FAME

Arredor de 500 alumnos do IES Valle Inclán (Toda a ESO e o alumnado de Bacharelato do programa europeo YES YOUNG EUROPEAN IN SPORTS) participaron nunha carreira solidaria co fin de recaudar fondos para o ONG "Acción contra el hambre". Por cada volta completada aumentaba a cantidade de cartos donada polos patrocinadores de cada alumno "fichados" previamente á realización da proba. Nos días anteriores uns voluntarios de dita ONG impartiron conferencias a todos os grupos co fin de aumentar a concienciación ante ese gran reto que é acabar ou polo menos reducir esa lacra que é a fame no mundo. Pincha nas ligazóns para ver como recolleu a prensa a actividade, na imaxe superior para ver todas as fotografías e tamén tedes un vídeo realizado pola profesora de Educación Física Ana Santos.

Voz de Galicia carreira contra a fame

Faro de Vigo carreira contra a fame

Pontevedra Viva carreira contra a fame