Skip to Content

Complementarias

Eduemprende - Actúa

11/01/2022 10:00
11/01/2022 11:30

Programa da Consellería de Educación que trata de achegar a actividade emprendedora ao alumnado da FP. Para saber máis preme en Eduemprende-Actúa.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 2º curso do CM Electromecánica de vehículos e 2º curso do CS Administración e finanzas
Organiza: Departamento de FOL

Actividades de Nadal 2021

21/12/2021 11:45
21/12/2021 14:00

Consurso de decoración de aulas de 11:45 a 13:00 horas para o alumnado da ESO, FPB e 1º BAC.

Fotos diante do "photocall" navideño de 13:00 a 14:00 horas. Recoméndase a toda a comunidade educativa vir vestida con temática navideña (adornos de nadal e/ou traxes de fin de ano).

Lugar: IES Val do Asma

Dirixida: A toda a comunidade educativa

Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

Charla sobre Marketing on line

21/12/2021 09:30
21/12/2021 11:30

Alumnado de ciclos superiores de FP participarán nunha charla sobre Marketing on line impartida por Con C de Comunicación

Lugar: IES Val do Asma
Dirixida: Alumnado do CS Administración e finanzas e CS Desenvolvemento de aplicacións web.
Organiza: Departamentos de Administración e xestión e de Informática.

Programa eduemprende Actúa

O IES Val do Asma foi seleccionado no curso 21-22 para participar no programa eduemprende Actúa.

Listado de centros seleccionados.

Obradoiro de Regueifas

17/12/2021 10:30
17/12/2021 12:45

Alumnado de ESO acudirá a un obradoiro de Regueifas que se realizará no Espazo Xove de Chantada no seguinte horario:
2º ESO de 10:30 a 11:30
3º ESO e PMAR de 11:45 a 12:45

Lugar: Espazo Xove de Chantada
Dirixida: A alumnado de 2º, 3º ESO e PMAR
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

 

Troco Solidario de Nadal

13/12/2021 11:15
15/12/2021 11:45

No tempo de lecer (11:15 a 11:45) dos días 13, 14 e 15 de decembro o alumnado de Economía de 4º ESO, en colaboración co alumnado de Iniciativa Emprendedora tamén de 4º ESO, organiza intercambios dun pequeno agasallo por alimentos non perecedeiros. A recollidada destes alimentos será entregada posteriormente a unha ONG.

Lugar: IES Val do Asma
Dirixida: A todo o alumnado, profesorado e PAS do IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Economía

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25/11/2021 11:15
25/11/2021 14:14

O xoves 25 de novembro alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO participará nun acto, organizado polo Centro de Información á Muller de Chantada, contra a violencia de xénero. Celebrarase no Auditorio da vila e irán acompañadas das profesoras de Bea e Tatiana (Lingua Castelá) e Ana (Francés).

Lugar: Auditorio de Chantada
Grupos: 1º a 3º ESO
Organiza: Equipo de Biblioteca

Segura-Mente

Alumnado das materias de Economía e Iniciativa Emprendedora de 4º ESO está a participar no proxecto educativo Segura-Mente desenvolto por Afundación Obra Social Abanca. Este poxecto foi recoñecido co premio “Finanzas para todos” do Banco de España e a CNMV.

O programa conta cun xogo  online ambientado no Camiño de Santiago: a planificación da viaxe, a xestión de riscos e imprevistos, axustar e decidir os seus gastos, etc. O xogo facilita así unha aprendizaxe significativa sobre finanzas, ao mesmo tempo que reforza  transversalmente os seus coñecementos de historia, arte, literatura… e mesmo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable!

A aula con máis km percorridos cada mes e/ou a aula con máis partidas xogadas ao longo do curso recibirán un premio.

Obradoiro de educación afectivo sexual (II)

19/11/2021 09:35
19/11/2021 14:15

Segunda e última sesión do obradoiro de educación sexual e afectiva dirixido ao alumnado de 3ºESO e PMAR (11:45h), 4º ESO (13:25h) e 1º BAC (9:35h).

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º BAC
Organizan: Departamento de Orientación

Obradoiro de educación afectivo sexual (I)

18/11/2021 11:45
18/11/2021 14:15

Primeira sesión do obradoiro de educación sexual e afectiva dirixido ao alumnado de 3ºESO e PMAR (13:25h), 4º ESO (11:45h) e 1º BAC (12:35h).

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º BAC
Organizan: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut