Skip to Content

Extraescolares

VISITA AO FORUM FAIRWAY

14/11/2017 09:00

Alumnado do C.S. de Axencias de Viaxe e Xestión de Eventos, FP dual, asistirá ao segundo Forum Fairway , feira e congreso sobre O Camiño de Santiago. Entre os sectores presentes na feira profesional estarán: axencias de viaxes e touroperadores de 14 paises distintos, transporte de viaxeiros, aloxamentos, desarrolladores de software turístico, centrais de reserva, merchandising, guías, saude para o peregrín e representacións do goberno da prefectura de Wakayama (Japón), sede do Camiño Kumano Kodo; asi como os departamentos de turismo de distintas comunidades autónomas. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Palacio de Congresos - Santiago de Compostela
Grupos: Alumnado C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.

CARREIRA DE ORIENTACIÓN POR CENLLE

09/11/2017 08:45
09/11/2017 15:45

Esta actividade consiste en realizar un percorrido de 3 Km. coa axuda dun compás e un mapa, no que están marcados os puntos que hai que visitar de forma obrigada e en orde. Despois da carreira farán unha "Gymkana". Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: Cenlle - Ourense.
Grupos: 2º ESO, 3º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Educación Física.

SAÍDA CULTURAL - OURENSE

08/11/2017 08:45
08/11/2017 14:15

Visita a exposición "H2Oh! Los secretos del agua de tu cidudad" e ao Centro de Interpretación As Burgas. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Ourense.

Grupos: 1º ESO.

Organiza: Departamento de Bioloxía.

EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA

25/10/2017 15:00
25/10/2017 20:00

Visitas as igrexas románicas de San Miguel de Eiré e San Fiz de Cangas,  Mosteiro de Ferreira de Pantón, Ecomuseo de Arxeriz e a Adega "Abadía de Cova " a que chegarán camiñando a través dunha pequena ruta de sendeirismo aberta recentemente dende a praia da Cova.

Lugar: Ribeira Sacra.
Grupo: 2º  curso C.S. Axencias de Viaxe e Organización de Eventos
Organiza: Departamento de Turismo.

Para ver máis imaxes preme na foto.

Colabora: Máis que románico

 

FPINNOVA 2017

11/05/2017 08:45
11/05/2017 20:00

O alumnado de CB Mantemento de Vehículos e CM Electromecánica de vehículos automóbiles asistirá ao Congreso de Innovación na Formación Profesional (FPInnova).

Lugar: Cidade da Cultura de Galicia - Santiago.

Grupos: 1º-2º FPB e 1º-2º CM Electromecánica.

Organiza: Departamento de Automoción.

25 Anos do I.E.S. Val do Asma - Xantar conmemorativo

 Dende Chantada, corazón de Galicia e terra de bo viño e mellor xente, animámosvos a participar nunha festa de lembranza e de reencontro de persoas que pasaron polo noso centro como estudantes, como pais ou como traballadores do ensino (docentes e non docentes), pero sobre todo como persoas que sempre intentaron vivir en harmonía.


 


SÁBADO 25 DE XUÑO ÁS 14:00 HORAS


PAVILLÓN DO I.E.S. VAL DO ASMA


 

Distribuir contido


by Dr. Radut