Reserva de praza

ADMISIÓN FP DUAL 2018-2019

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar as instrucións da convocatoria de xuño de admisión a ciclos formativos de formación profesional DUAL 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, que se entregará preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
Para máis información consultar aquí.

ADMISIÓN CICLOS 2018-2019

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2018-2019.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A solicitude cubrirase a través de internet nos seguintes enlaces: Ciclos Medios e Ciclos Superiores.
A instancia que xera a aplicación informática débese imprimir e presentar, xunto coa documentación requerida, en calquera centro público de Galicia con oferta de formación profesional.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • O prazo ordinario será do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.
  • O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 11 de setembro ás 13:00 horas.

Para máis información consultar aquí.

OFERTA EDUCATIVA - FP DUAL 2018/2019

O IES Val do Asma e o Grupo HOTUSA seguirán a colaborar o vindeiro curso. No 2018-2019 ofertaranse de novo tres ciclos en réxime de adultos ou  FP dual. Impartiránse de novo os primeiros cursos, ademais dos segundos cursos, dos Ciclos Superiores seguintes:

RESERVA DE PRAZA NA E.S.O. E NO BACHARELATO PARA O CURSO 2018-19

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no curso actual 17/18 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2018 presentando o formulario ED550A, na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 20 de marzo de 2018 presentando o formulario ED550B na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

RESERVA DE PRAZA NA E.S.O. E NO BACHARELATO PARA O CURSO 2017-2018

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no curso actual 16/17 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2017 presentando o formulario ED550A, na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 20 de marzo de 2017 presentando o formulario ED550B na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

RESERVA DE PRAZA NA E.S.O. E NO BACHARELATO PARA O CURSO 2016-2017

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no curso actual 15/16 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2016 presentando na secretaría do instituto o Anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/13).

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 21 de marzo de 2016 presentando na secretaría do instituto o Anexo II da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/13). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

Acceso Anexo I e ao Anexo II.

VACANTES ESCOLARES NA ESO E NO BAC PARA O CURSO 16-17

Número de prazas vacantes, por cursos, para o curso 16-17, a día 29 de febreiro de 2016:

1º ESO 23
2º ESO  7
3º ESO 12
4º ESO 11
1º BAC 13
2º BAC 15

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS (GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR) 2015-2016

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión aos ciclos formativos, de graos medio e superior, para o curso 2015/2016 dende os días 17 de xuño  a 2 de xullo ata as 13:00h.

Presentación de solicitudes:

* Solicitude presencial: Realizaráse no centro onde se efectúe a primeira opción de reserva.

* Solicitude vía web: A través de http://www.edu.xunta.es/ciclosadmision

* Solicitude en oficina de Correos: en sobre aberto en calquera oficina, para ser remitida por correo certificado e co selo de Correos coa data de entrega. A solicitude irá dirixida ao director ou a directora do centro elixido en primeira opción.

Consulta dos prazos do proceso de admisión. Para máis información, preme aquí.

NOVA DATA FIN PRAZO PARA RESERVA NA ESO E NO BAC

A Subdirección Xeral de Centros informa que a data de fin do prazo de presentación do solicitudes de admisión de alumnado na ESO e no BAC para o próximo curso 2015-2016, é o luns 23 de marzo de 2015 (incluído), toda vez que o día 20 de marzo está declarada festa laboral propia da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co Decreto 67/2014, do 28 de maio, do calendario laboral para o ano 2015.

RESERVA DE PRAZA NA ESO E NO BAC PARA O CURSO 2015-2016

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no 14/15 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro presentando na secretaría do instituto o Anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/13).

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 23 de marzo presentando na secretaría do instituto o Anexo II da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/13). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

Para acceder ao Anexo I e ao Anexo II prema aquí.

Distribuir contido