Skip to Content

Datas ABAU 2022

Publicadas na web da CIUG as datas das ABAU:

  • Ordinaria: 7,8 e 9 de xuño de 2022
  • Extraordinaria: 12,13 e 14 de xullo de 2022

Horario ABAU 2022

Horario das probas ABAU curso 21-22

Empresas colaboradoras na formación do alumnado de FP no curso 2021-2022

Empresas colaboradoras por familia profesional:

  • Administración e xestión
    • Abanca Corporación Bancaria, S.A. (Chantada)
    • Álvarez Real, S.L. (A Barrela) - Modalidade dual
    • CM Stores & Innovative Business (Taboada) - Modalidade dual
    • Gestoría Hermida (Chantada)
    • Lácteos Hnos. López, S.L. (Chantada)
    • Recambios Infra, S. L. (Lugo)
  • Informática e comunicacións
    • Grupo HOTUSA - Modalidade dual
  • Transporte e mantemento de vehículos
    • Fente Motor (Monterroso)
    • Hermanos Sánchez Chantada, S.L. (Chantada)
    • Hermanos Sánchez Pontenova, S.L. (Chantada)
    • Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L. (Chantada)
    • Talleres O Convento, S.L. (Chantada)

Para coñecer o listado completo de empresas que colaboran e /ou colaboraron co IES Val do Asma na formación do alumnado preme aquí.

Parámetros ponderación materias ABAU 2022

Publicación dos parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliaciónde bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2022/23. Para máis información preme aquí.


Admisión alumnado premios extraordinarios FP

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de FP de grao superior

Reclamacións ás cualificacións de ESO e BAC curso 21-22

Publicación da Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

Modelos de reclamación:

  • Ante o Centro nos seguintes prazos:
    • Convocatoria ordinaria só para 2º BAC: 19 e 20 de maio de 2022.
    • Para ESO, 1º BAC e convocatoria extraordinaria de 2º BAC: 27 e 28 de xuño de 2022.
  • Ante a Xefatura Territorial no caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, poderá presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Premios extraordinarios de Bacharelato 2021/2022

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato. Requisitos:

  • Ter finalizado o bacharelato no curso 2021/22
  • Ter unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75

Prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.
Enlace á convocatoria do 2022.

Probas de acceso aos ciclos de grao superior

28/04/2022 09:00
28/04/2022 18:30

Probas de acceso a ciclos de grao Superior:

9.00 Presentación
9.30 a 13.00 Parte común.
16:00 a 18:30 Parte específica.

Vacacións Semana Santa 2022

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 11 ata o luns 18 de abril de 2022, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Asamblea Xeral ANPA

Convócase as familias do alumnado a unha Asemblea Xeral que terá lugar o venres, día 8 de abril, ás 17:00h. no IES Val do Asma e na que se tratarán os seguintes asuntos:
1º.-Lectura e aprobación da acta de votación e presentación/constitución da Xunta Directiva
2º.-Inscrición de socios/ as e establecemento de cotas, conta bancaria e prazos
3º.-Opción de crear un grupo de difusión para informar a través das redes sociais.
4º.-Explicación da situación actual no referente ao instituto e debate sobre as futuras accións a levar a cabo.
5º.- Rogos e preguntas

Acceso á convocatoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut