NORMAS PARA OS EMPRÉSTITOS E AS DEVOLUCIÓNS

O servizo de empréstito está aberto a toda a comunidade educativa.

O empréstito terá unha duración de 15 días, prorrogable outros 15 días máis.

Para prorragar un empréstito será necesario presentar o volume emprestado.

Para facerse socio da biblioteca só se necesita acudir a ela e aportar os datos persoais.

Pódense levar en préstamo ata un máximo de 3 libros.

Os vídeos, cd-rom, revistas, dicionarios e atlas non se emprestan.

O deterioro ou perda de material da biblioteca suporá a súa reposición ou abono en metálico.

En caso de incumprimento dos prazos de devolución:

- Cando un usuario se demore máis de sete días en devolver un exemplar emprestado, será sancionado con unha semana de suspensión por cada día de demora.

- Cando un usuario sexa reincidente na demora nos prazos de devolución perderá o dereito de empréstito.