Skip to Content

Ciclo Superior Administración e Finanzas - Modalidade Dual

Administración e finanzas Ciclo Superior

Propoñémosche converterte en profesional dun sector con grandes saídas profesionais. É necesario un departamento de administración en todas as empresas , ben, xestionado directamente na sede das mesmas ou ben, mediante asesorías externas. No primeiro caso atópase unha compañía multinacional, grupo HOTUSA, con sede en Chantada (Lugo) coa que o IES Val do Asma ten convenio de formación na modalidade de Formación Profesional Dual para o C.S. Administración e finanzas.

Se che gusta a contabilidade e o traballo de oficina, en xeral,o noso ciclo outorgarache un título público oficial nunha área con gran demanda. Coa experiencia profesional real para o teu curriculum que soamente se consegue na modalidade de FP dual e que maximizará a túa empregabilidade.

Prazas limitadas.

Prazo de solicitudePendente de resolución (estimado do 1 ao 30 de xuño).

Se estás interesado/a podes presentar a túa solicitude a través da Aplicación web de Admisión a Ciclos da Consellería de Educación ou ben acudindo ao noso instituto. 

Para cubrir o CV Europass preme aquí.

Máis abaixo respondemos ás Preguntas Frecuentes (FAQ). Para calquera outra dúbida que teñas contacta connosco en: E-mail: ies.val.asma@edu.xunta.es. Teléfonos: 982870238 en horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres.

 

Grupo HOTUSA, é unha compañía hostaleira que está en crecemento constante e,  que, en Chantada, leva contratado máis de 200 xoves nos últimos 5 anos, a gran maioría na Área de Administración.  É dende este departamento que levan a xestión de hoteis de todo o mundo.

Constrúe o teu proxecto formativo e profesional a través da Formación Profesional Dual!

 

Máis información: Preguntas Frecuentes



story | by Dr. Radut