Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Luns Marzo 27, 2023
Comezo:27/03/2023 11:45
Fin:27/03/2023 12:35

O alumnado de 4º ESO que cursa a materia de plástica asistirá a unha charla en liña imprartida polo CGAC. O obxectivo de "Un achegamento á arte contemporánea. O CGAC e a súa colección" é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.

Dirixido a: Alumnado de Plástica de 4º BAC
Lugar: Aula de plástica
Organiza: Departamento de Plástica

Para conmemorar o Día dos Autores Europeos o IES Val do Asma realizará unha das tres actividades propostas pola Comisión Europea: Sesións de lecturas nas escolas.

O profesorado de 3 das 24 linguas oficiais da Unión Europea (Español, Francés e Inglés) xunto co alumnado de ESO e 1º BAC realizarán, dentro do seu horario lectivo, lecturas de textos de autores da UE que logo compartirán nas redes sociais co hashtag #ReadWithEurope! e das que enviarán imaxes e vídeos á entidade organizadora xunto cos demais centros educativos europeos participantes.

Organiza: Equipo Erasmus+ e profesorado de Lingua castelá, francés e inglés.

https://ec.europa.eu/assets/eac/culture/day-of-european-authors/day-of-european-authors-emailsignature.jpg

Martes Marzo 28, 2023
Comezo:28/03/2023 08:45
Fin:28/03/2023 14:15

O alumnado de 1º e 2º ESO, acompañado polo seu profesorado, participará nunha actividade que consistirá na práctica de Acrosport no centro Urban Planet de A Coruña.

Dirixido a: Alumnado de 1º ESO e 2º ESO
Lugar: Oleiros (A Coruña)
Organiza: Departamento de Educación Física

Comezo:28/03/2023 11:45
Fin:28/03/2023 13:25

O relator Roberto Ferreiro Eimil, coordinador do Centro de Día Oblatas “O´Mencer” de Ferrol dará unha charla sobre "A violencia tolerada: Mulleres como servizo e obxecto de consumo". Para máis información preme aquí.

Destinatarios/as: Alumnado de FP de Ciclos Básicos e Ciclos Medios.
Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Orientación.

Comezo:28/03/2023 11:45
Fin:28/03/2023 12:35

Segunda sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude". Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

Mércores Marzo 29, 2023
Comezo:29/03/2023 08:45
Fin:29/03/2023 15:30

O alumnado, de 3º ESO, participante no Carballo Interplay, acompañado do profesor de Plástica, Iván Capón, acudirá a este festival a presentar a súa curtametraxe Flipped Classroom que está entre as finalistas da sección do concurso Dinoescolas.

Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO.
Lugar: Carballo (A Coruña).
Organiza: Departamento de Plástica.

Xoves Marzo 30, 2023
Comezo:30/03/2023 12:35
Fin:30/03/2023 14:15

A xornada, que inicialmente se ía desenvolver o 24 de febreiro, constará de dous eixos fundamentais, un sobre a elaboración do planisferio e o outro acerca da contaminación lumínica e será impartida polo divulgador científico Martín Pawley.

Dirixido a: Alumnado de 1º ESO.
Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Bioloxía.

Martes Abril 11, 2023

Para máis información preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut