Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
« Venres Maio 27, 2022 »
Ven
Comezo:27/05/2022 12:35
Fin:27/05/2022 14:15

Obradoiro impartido por Luisa Astray da UAD de Monforte de Lemos dirixido ao alumnado do 1º curso da FP básica e de 1º do CM no seguinte horario:

  • 1º CM de 12:35 a 13:25
  • 1º CB de 13:25 a14:15

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM e 1º CB
Organiza: Departamento de Orientación

Comezo:27/05/2022 18:30
Fin:27/05/2022 20:30

Con motivo da finalización do período lectivo de 2º BAC e 2º cursos de FP o IES Val do Asma celebra un acto de gradación ao que asistirán autoridades, familiares e amigos/as do alumnado.Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación. Ao final do acto servirase unha bebida e un petisco. Para rematar a xornada festiva, alumnado e profesorado acudirán a unha cea conxunta.

Lugar: Auditorio de Chantada (entrada con invitación).
Grupos: 2º BAC, CM Electromecánica de vehículos, CS Desenvolvemento de aplicacións web (dual) e CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE).

Comezo:27/05/2022 20:00
Fin:27/05/2022 21:00

Con motivo do remate da actividade "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural" realízase a entrega de retratos ás interesadas. Esta actividade consistiu en escoitar a testemuña de mulleres emprendedoras no rural da comarca de Chantada. Para iso, o alumnado de 1ºCB Mantemento de vehículos no módulo de Comunidad e Sociedade I (Galego) elaborou as entrevistas, o alumnado de 1ºCS Administración e finanzas no módulo de FOL realizou as entrevistas en persoa e a súa transcrición e o alumnado de 1º BAC na mateira de Debuxo Artístico I tomou fotografías e realizou os retratos que serán entregados no acto de hoxe.

Lugar: Espacio expositivo do Auditorio de Chantada
Grupos: 1º CB Mantemento de vehículos, 1ºCS Administración e finanzas e 1º BAC.
Organiza: Departamentos de Lingua Galega, FOL e Plástica.

Distribuir contido


by Dr. Radut