Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Mércores Febreiro 19, 2020
Comezo:19/02/2020 08:45
Fin:19/02/2020 13:25

O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla sobre a prevención de drogodependencia.

Os horarios concretos de cada unha das charlas e o grupo correspondente son:

  • FP Básica: 8:45 - 9:35
  • 2º ESO: 9:35 - 10:25
  • 4º ESO: 10:25 - 11:15
  • 3º ESO: 12:35 - 13:25

Lugar: Aula de referencia de cada grupo

Organiza: Departamento de Orientación

Xoves Febreiro 20, 2020
Comezo:20/02/2020 10:25
Fin:20/02/2020 12:35

O alumnado de 3º da ESO do IES Val do Asma participará nun obradoiro sobre educación afectivo sexual.

Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO

Organiza: Departamento de Orientación

Venres Febreiro 21, 2020
Comezo:21/02/2020 11:15
Fin:21/02/2020 14:15

ORGANIZACIÓN NA ESO DO ENTROIDO

  • Durante as tres primeiras horas o alumnado da ESO  terá clases normais:
  • No tempo de lecer (recreo)  o alumnado poderá maquillarse e vestirse cos seus disfraces. 
  • Despois do recreo, subirá as clases onde agardará co profesor/a pertinente a que sexan chamados pola vicedirectora para baixar de xeito ordeado e trasladarse ao centro de primaria Eloísa Rivadulla.

Organización no CEIP Eloísa Rivadulla.

  • O alumnado do noso centro irá acompañado polo profesorado co que teña clase, permanecendo o profesorado de garda no IES atendendo ao resto dxs alumnxs.
  • Nun primeiro momento os alumnxs de 4º da ESO desfilarán facendo unha representación dos oficios.
  • Posteriormente desfilarán os alumnos do CEIP.
  • En último lugar desfilará o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO disfrazado do estilo musical escollido.
  • En todo momento o profesorado responsábel vixiará de xeito activo corrixindo calquera conduta que consideren inapropiada.

As actividades no CPI Eloísa Rivadulla chegarán ao seu fin ás 13:10 horas (aprox.). Nese intre o profesorado agrupará a cada curso e sairán de xeito ordeado (seguindo as ordes da vicedirectora) cara o noso pavillón onde haberá música e baile e farase entrega do premio á mellor carauta de entroido.

O profesorado deberá acompañar aos seus alumnxs no pavillón, ou, facer outra das tarefas encomendadas (vixianza de patio, edificio principal ou aula de convivencia).

ORGANIZACIÓN NO BACHARELATO E CICLOS E FPB

Dada a proximidade das avaliacións e carga de materia, o alumnado terá clase normal até a 5º hora. A partires de entón poderán disfrazarse e incoporarse á festa cos seus compañeiros e compañeiras.

 

Comezo:21/02/2020 12:00

Para conmemorar o Entroido, o IES Val do Asma organiza un concurso de máscaras entre todo o alumnado.

  • Cada alumno poderá presentar unha única máscara
  • Aspectos a valorar: orixinalidade, esforzo e resultado final.
  • As máscaras presentadas entregaranse antes do día 17 de febreiro en Vicedirección.
  • Premio único para o gañador ou a gañadora do concurso: vale de 40 € do Corte Inglés.
  • As máscaras estarán expostas por todo o centro desde a súa entrega ata o 21 de febreiro.
  • O día do Entroido (21 de febreiro) os alumnos/ as votarán a máscara que máis lles guste. O período para votar será de 9:00 h. ata as 12:00 h.
  • O nome do gañador ou da gañadora darase a coñecer o día 21 de febreiro a partir das 12:00h

Pódese consultar toda a información de dito concurso no seguinte enlace.

Xoves Febreiro 27, 2020
Comezo:27/02/2020 09:35
Fin:27/02/2020 13:25

Actividade, dentro do contrato-programa CON-VIVE, na que participará alumnado de 2º ESO, 3º ESO e PMAR no seguinte horario:

2º ESO de 9:35 a 11:15
3º ESO e PMAR de 11:45 a 13:25

Lugar: IES Val do Asma.
Destinatarios : Alumnado de ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

Venres Febreiro 28, 2020
Comezo:28/02/2020 13:25
Fin:28/02/2020 14:15

Charla impartida pola Dinamizadora Xuvenil do Concello de Chantada.

Destinatarios: Alumnado de Formación Profesional: FPB, CM e CS.

Data: venres 28 de febreiro 2020.

Hora: 13:25 - 14:15

Lugar: Salón de Actos.

Martes Marzo 10, 2020
Comezo:10/03/2020 10:25
Fin:10/03/2020 11:15

O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla informativa sobre "Adiccións de apostas deportivas" ao abeiro do Plan Director para la convivencia.

Destinatarios: Alumnado de 4º da ESO e alumnado de 1º e 2º de FP Básica.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma.

Organiza: Departamento de Orientación.

Comezo:10/03/2020 11:45
Fin:10/03/2020 11:45

O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla informativa sobre "Acoso escolar" ao abeiro do Plan Director para la convivencia.

Destinatarios: Alumnado de 2º e 3º da ESO.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma.

Organiza: Departamento de Orientación.

Comezo:10/03/2020 12:35
Fin:10/03/2020 13:25

O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla informativa sobre "Novas tecnoloxías" ao abeiro do Plan Director para la convivencia.

Destinatarios: Alumnado de 1º da ESO.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma.

Organiza: Departamento de Orientación.

Mércores Marzo 11, 2020
Comezo:11/03/2020 09:35
Fin:11/03/2020 11:15

O alumnado do IES Val do Asma participará nun taller sobre a prensa.

Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO

Organiza: Departamento de música

Venres Marzo 13, 2020
Comezo:13/03/2020 13:25
Fin:13/03/2020 14:15

O alumnado do IES Val do Asma acudirá a unha charla sobre experiencias na radio galega.

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

Destinatarios: Alumnado de 1º e 2º de FP Básica, de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato

Organiza: Departamento de música

Mércores Marzo 18, 2020
Comezo:18/03/2020 09:35
Fin:18/03/2020 13:25

Actividade, dentro do contrato-programa CON-VIVE, na que participará alumnado de 2º ESO, 3º ESO e PMAR no seguinte horario:

2º ESO de 9:35 a 11:15
3º ESO e PMAR de 11:45 a 13:25

Lugar: IES Val do Asma.
Destinatarios : Alumnado de ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut