Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Domingo Decembro 01, 2019
Comezo:01/12/2019 08:45

O Día Mundial da SIDA, conmemorado anualmente o 1º de decembro, é unha oportunidade para celebrar e apoiar os esforzos mundiais para previr novas infeccións polo VIH, ampliar a concientización e os coñecementos sobre ese virus e apoiar ás persoas seropositivas.

Na UAD de Monforte están a traballar para ofrecerlle os usuarios e a poboación xeral da Comarca de Lemos e arredores a mellor oferta asistencial. Dentro da súa carteira de servizos adheríndose o Proxecto de detección precoz do VIH mediante a realización de test rápidos en fluido oral. As probas realzanse de xeito totalmente anónimo e gratuito, e coa garantía de ser atendido e asesorado por profesionais expertos.

Pódese consultar máis información aquí.

Martes Decembro 10, 2019
Comezo:10/12/2019 08:45

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade (declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas).

O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

ACTIVIDADE: XINCANA POLA INCLUSIÓN

Destinatarios: 1º e 2º ESO

Día: 10/12/2019

Organiza: Departamento de Orientación

Entidade colaboradora: COGAMI Lugo

Pódese consultar máis información aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut