Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
« Domingo Maio 06, 2018 »
Dom
Comezo:04/05/2018 20:30
Fin:06/05/2018 14:00

O alumnado de 4º da ESO e 2º de BAC do IES Val do Asma Chantada exporá o resultado do obradoiro sobre Manuel Jorge, abstraccións e linguaxe fotográfica. As fotografías están á venda para recadar fondos destinados á excursión de fin de curso. Para ver imaxes preme aquí.

Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.

Organiza: Departamento de Educación Plástica e Visual.



 

Comezo:06/05/2018 19:00

O alumno Carlos Vázquez González  viaxará a Madrid para recoller o premio como gañador da XV edición do "Concurso Escolar de Dibujos sobre Derechos Humanos", organizado a nivel nacional polo Defensor del Pueblo de España e a ONG Globalización de los Derechos Humanos, que lle será entregado no Congreso dos Deputados o luns 7 de maio entre as 11:15 e as 13:30. Asistirán ao acto os seus compañeiros de Educación plástica e visual  de 4º de ESO, a súa profesora, Lola López, e o Vicedirector do IES, Xosé Antón Domínguez. Aproveitarán a estancia en Madrid para visitar algún dos lugares máis representativos da capital. Para ver máis imaxes preme na foto.

Noraboa!!!!!

Organiza: Departamento de Educación Plástica e Visual e Departamento de actividades extraescolares.

Distribuir contido


by Dr. Radut