Portugués

WEB DO DIARIO PÚBLICO

Premendo na imaxe que se atopa debaixo poderás acceder a web do diario portugués PÚBLICO. Nela poderás atopar artigos e noticias de diversos temas da actualidade. Ten ademáis outras opcións de comunicación como foros e chats.

 

 

Centro Virtual Camões

O Centro Virtual Camões é un interesante sitio para o alumnado e o profesorado de Portugués. Esta estructurado en 4 grandes bloques: Aprender Portugués, Cultura Portuguesa, Lingüística del Portugués e ensinar Portugués, nos que poderás atopar unha grande variedade de recursos - xogos sobre léxico, exercicios de gramática, contos, poemas, expresións idiomáticas, propostas didácticas para o profesorado, exercicios de audición e un abundante material de referencia.

Dentro das Tecnoloxías da Información e da Comunicación e unha das mellores webs para ensinar o alumnado a lingua portuguesa.

Para acceder ao site do Centro Virtual Camões preme na imaxe inferior.


 

RECURSOS DE PORTUGUÉS


Na táboa que se atopa debaixo amósanse unha gran variedade de recursos para facilitar a aprendizaxe do idioma portugués, tales como gramáticas, periodicos on-line, radios, dicionarios, chat,etc.


Vínculos Descripción
Gramática
portuguesa
Gramática portuguesa (en portugués)
Gramática portuguesa Gramática portuguesa (en portugués)
Babel
Mundo
Portal para a aprendizaxe do portugués
Priberam Dicionario portugués da lingua. Máis de 95000 entradas.
Travlang Diferentes diccionarios que inclúen o portugués (inglés)
My
Language Exchange
Para buscar xente coa que falar en portugués. Multitude de opcións.
Periódicos
de Portugal
Listado de periódicos de Portugal
Periódicos
de Brasil
Listado de periódicos de Brasil
Radios
de Portugal
Lista de radios de Portugal
Radios
de Brasil
Lista de radios de Brasil.



PROXECTO LINGUASNET DO PROGRAMA LEONARDO DA VINCI

Na paxina http://www.linguasnet.com pertencente o proxecto Leonardo Da Vinci podes atopar varios cursos
interactivos de idiomas., entre eles Inglés e Portugues.

Aínda que os cursos estan orientados fundamentalmente os inmigrantes co obxecto de facilitarlle a comprensión dun idioma tamén son moi útiles para o alumnado que se atope estudiando algunha destas linguas.

 

 

 

CURSO DE PORTUGUÉS EN REDE

Ven de anunciarse por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia e co apoio da Universidade de Santiago un curso de portugués - PORTUGUÉS PARA NOS- en rede para aquelas persoas que queiran aprender a lingua veciña.

Dito curso forma parte do programa INTEREG III A Portugal- España de Cooperación Transfronteiriza.

PORTUGUÉS PARA NÓS, lle permitirá á mocidade galega, e a toda a poboación en xeral, ter acceso cómodo ao ensino da lingua portuguesa, e xorde da convicción desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, de que, máis ca nunca, hoxe é necesario que Galiza e Portugal reforcen e amplíen os seus vínculos históricos, dándolle, agora si, unha relevancia determinante aos aspectos sociais e culturais.

Para máis información sobre o mesme preme na imaxe de abaixo.


 

Distribuir contido