Novas

ÚLTIMOS CONTIDOS

 
 

 
 
IES Valadares

Avda Clara Campoamor s/n. 36315-Valadares. Vigo.

Telf: 886 111060.  e-mail: ies.valadares@edu.xunta.gal

Colexios adscritos:

Ceip. Alfonso Rodríguez Castelao, Ceip. Sobreira, Cep. Igrexa Valadares,

Ceip. Josefa Alonso e Ceip. Mestres Goldar.

 

NOVO HORARIO DE CENTRO

Luns e Martes: 8.40-2.30h.

Mércores, xoves e venres: 8.40-14.15h.

 

IES VALADARES

             ENTRADA

                                     ENTRADA DO IES VALADARES CO MURAL DE IRIA ZAFIÁN, 2018.                                                                                               VIDREIRAS NA ENTRADA DO IES VALADARES

 

DOCUMENTACIÓN PARA AS FAMILIAS ENTREGADA POLAS TITORAS/ES

 

      VALADARES NA CASA   

www.valadaresnacasa.ga

    
   

 

LEMBRAMOS QUE A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS NON PODERÁ FACERSE PERSOALMENTE NO CENTRO. DEBERÁ SER TELEMÁTICA POR VIDEOCONFERENCIA OU TELEFÓNICAMENTE, COMO ESTABLECEN AS INSTRUCIONES PUBLICADAS POLO PROTOCOLO COVID.

DESCULPEN AS MOLESTIAS

 

 
 
 
ITINERARIO 1º BACHARELATO(Artes e Científico-Tecnolóxico)

ITINERARIO 2º BACHARELATO (Artes e Científico-Tecnolóxico)

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
DOCUMENTOS:
 
 
 
 

 

 
 
 
 

 

 PREMIO FOTOGRAFÍA PONTE NAS ONDAS 2020


 


FOTOS DO INTERCAMBIO CON FRANCIA

 

 

PREMIO PFPP 2018

Recoñecemento ao esforzo do profesorado do IES Valadares

co proxecto integrado de HH Vida saudabre nos premios PFPP 2018.

 

premio pfpp

Os profesores do IES Valadares reciben o premio de PFPP 2018

polo proxecto integrado de Hábitos de Vida Saudabre.

 

 PREMIO RELATO

Francisco Miranda, gañador do segundo premio de relato contra a violencia de xénero,

alumno de 4 ESO A do IES Valadares, cos seus compañeiros de clase, recollendo o premio entregado pola subdelegación do Goberno.

 


 MURAL ALCALDE

Visita do Alcalde para ver a realización do mural de Iria Zafián. Enlace

 

 

LETRAS GALEGAS 18

 DIA DAS LETRAS GALEGAS NO IES VALADARES. 16 DE MAIO DE 2018.

 

 

 Os alumnos do IES Valadares acadan o primeiro, segundo e cuarto posto na IV competición de Robots. CUVI, 5 de maio de 2018. Enlace aquí.

 

SEGURIDAD VIAL 

Foto da prensa do 24 de marzo do 2018. Xornada de Seguridade Vial, como premio aos alumnos de 3º da ESO, coa presenza da Subdelegada do Gobernodo, do Xefe Territorial, a Inspectora de Educación e a Xefa da oficina Local de Trafico de Vigo.

 

 


actividades no Ies valadares

 

Visita do Alcalde ao IES Valadares, 27 de outubro de 2017.

Tras os incendios da pasada semana, o alcalde de Vigo quixo felicitar ao noso alumnado e ás súas familias polo esforzo, colaboración e a solidariedade amosada por todos. 

ALCALDE NO IES VALADARESALCALDE NO IES VALADARES 2

 

 

 

XUNTOS NA LOITA CONTRA A QUEIMA DOS MONTES.

 

  • IES VALADARES E COLEXIO SOBREIRA: ACTO DE APOIO E AGRADECEMENTO AO ALUMNADO E FAMILIAS AFECTADAS POLO LUME. ÁS 10,00H. NO IES VALADARES.

 

 

 

 

 

 

 

O alumnado poderá seguir a actividade educativa a través da aula virtual e co correo electrónico durantes estes días, atendendo ás indicacións establecidas polo profesorado correspondente.

Aconsellamos como pautas para o alumnado as seguintes recomendacións:

- Traballar todos os días.

- Conectarse todos os días á aula vitual ou correo electrónico.

- Respectar un horario de traballo cada día.

 

 

MEMORIA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, CURSO 2015-16.

No seguinte arquivo adxunto tedes a MEMORIA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, CURSO 2015-16.

Programa de Inmersión Lingüística do Concello de Vigo (PILI)

A concellalia de Educaión do Concello de Vigo ven de sacar 250 prazas do programa de Inmersión Lingüística para o alumnado de 3º da ESO de centros públicos e concertados co obxecto de complementar a aprendizaxe de Inglés con estancias no extranxeiro (Irlanda, Reino Unido, etc).

Os requisitos esixidos son:

  • Ter 2º da ESO aprobado na súa integridade.
  • Ter obtido alomenos un 6 en Inglés no curso anterior.
  • Estar empadroado en Vigo.
  • Non terse beneficiado no ano 2009 deste tipo de becas do Concello.

Este programa -PILI- implica a total gratuidade para o alumnado, pois as becas inclúen matricula, material necesario, costes de aloxamento coas familias anfitrionas en réxime de pensión completa, actividades extraescolares, visitas didácticas, viaxes de ida e volta, transporte urbán ata o centro e seguro de viaxe e responsabilidade.

A duración dos cursos é de tres semanase comezarán na primeira semana de Setembro. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 6 de Abril de 2010.

Para máis información preme na imaxe inferior para acceder a web  do programa PILI.

 

 

Axudas para Inmersion Lingüística 2010

Premendo na imaxe inferior podes acceder a un arquivo PDF coa Orde de axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.

Portal do Sergas sobre a gripe A(H1N1)

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) acaba de poñer en funcionamento un portal con toda a información sobre o novo virus da gripe A. Dispón de 4 apartados xerais: información para a cidadania, información para os profesionais, información para colectivos e destacados.

No portal dase resposta as cuestións máis frecuentes sobre a gripe A, asi como indicacións para evitar contaxiar e contaxiarse. Podes acceder a dito portal premendo na imaxe inferior.

 

Salupedia: Enciclopedia virtual da saúde

Salupedia é unha enciclopedia virtual da saúde na cal o cidadán pode atopar información recomendada por profesionais sobre problemas de saúde. A enciclopedia -que se inscribe dentro do plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio- atópase respaldada por un conxunto multidisciplinar de expertos relacionados co mundo da Medicina. O seu principal obxectivo é a selección de información veraz nos temas de saúde e que sexa interpretable de maneira doada polos cidadáns.

Para acceder á mesma preme na imaxe inferior.

Distribuir contido