Videos, Taboleiro

IV COMPETICIÓN DE ROBOTS

 

O pasado venres 4 de Maio de 2018, 20 dos nosos alumnos de 1º e 2º da ESO participaron na IV Competición de Robótica da Escola de Enxeñeiros Industriais deVigo.

Dun total de 47 equipos na categoría Wall-E (1º e 2º ESO), os catro equipos do IES Valadares acadaron todos eles os primeiros e segundos postos dos seus grupos na primeira rolda de clasificación, pasando así á final.

Xa na final e despois de dúas emocionantes probas de segueliñas con obstáculos e sumo, o noso equipo TecnoVal2 obtivo un merecido primeiro posto .

Os outros 3 equipos tamén quedaron en posicións mois destacadas ocupando postos entre os cinco primeiros da clasificación total.

Foi unha boa recompensa para estes rapaces e rapazas que dende xaneiro traballaron duro e con moita ilusión na montaxe e programación dos robots, adicándolle aparte do tempo da clase, moito dos seus recreos así como algunha que outra tarde.

 

Enlaces: FOTOS DO EVENTO.

 UVIGO ATLÁNTICO,

 

XORNADA DE COLABORACIÓN CON CEIP CANICOUVA

O pasado 26 de abril de 2018 alumnos de 3º ESO do IES Valadares convertíronse en profes dos rapaces e rapazas de 4º de Primaria do Ceip Canicouva de Vigo.

 

Poñendo en práctica o aprendido nas clases de Tecnoloxía, foron quen de axudar a estes pequenos na montaxe duns orixinais vehículos a motor inspirados nos debuxos animados dos “Autos Locos”.

 

Houbo que traballar duro para conseguir adaptar o circuito do motor as distintas carrocerías deseñadas polos rapaciños da Canicouva, pero o resultado final foi un éxito, pois case todos quedaron funcionando e listos para a “Gran Carreira”.

Sen dúbida foi unha bonita e gratificante xornada.

 

 

FOTOS DO ENTROIDO 2018

Preme na imaxe para ollar os albums coas fotos do entroido.

FOTOS DO ENTROIDO 2017

Preme na imaxe inferior para ollar as fotos do entroido deste ano.

Distribuir contido