Cursos, Premios e Concursos

Páxinas de información á xuventude

Premendo nas imaxes inferiores poderás acceder a páxinas de información para a xuventude. Nas mesmas atoparás Bolsas, Axudas, Premios, Concursos, Emprego, Formación etc.

Xuventudevigo.org

3º Concurso de Relatos: Ciencia que conta 2010

"Ciencia que conta" é un concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

O díptico coas bases do concurso podes obtelo aquí. Para calquera aclaración sobre o concurso podese escribir un e-mail a cienciaqueconta@uvigo.es. Ademáis na dirección http://cienciaqueconta.wordpress.com atópanse relatos seleccionados nas convocatorias anteriores.


Hai 4 categorias: Alumnado de educación Primaria, de ESO, de Bacharelato e ciclos de FP e público en xeral.  En cada categoria haberá tres premios:
 
Primeiro Premio: Ordenador Ultraportátil e diploma acreditativo.
Segundo Premio: Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia e diploma acreditativo.
Terceiro Premio: Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia e diploma acreditativo.
 
O prazo para o envío dos traballos remata o 30 de outubro de 2010.

Lorena Carreira, 3º premio a mellor periodista xuvenil 2008-2009

A alumna Lorena Carreira Bargiela de 2ºA conseguiu o 3º Premio na VI edición del Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil 2008-2009 organizado polo xornal La Voz de Galicia na súa sección La Voz de la Escuela.
Felicitamos a Lorena polo esforzo feito e o empeño que puxo na realización do traballo.

Podes acceder ao suplemento La voz de la escuela  do pasado día 27 de maio no que aparecen os traballos ganadores premendpo no enlace inferior.


A continuación podes ollar  o artigo co cal Lorena foi premiada.

Pedro Alfonso Carbó, gañador da 2ª Fase do Concurso de Primaveira de Matemáticas

O alumno Pedro Alfonso Carbó de 3ºC-ESO (Sección Bilingüe) foi un dos gañadores da 2ª Fase do Concurso de Primavera convocado a nivel nacional pola editorial SM, a traves da páxina web www.profes.net.

Os gañadores desta 2ª Fase podes ollalos premendo aquí. Asemade, animámolo a él e a todo o alumnado do instituto a participar o vindeiro curso académico a participar neste concurso.

Dende o IES Valadares, e en particular dende o Departamento de Matemáticas dámoslle a noraboa a Pedro polo seu interese no concurso e a súa perseveranza na resolución dos problemas plantexados nesta fase do concurso.

1º Premio no Concurso "A prevención na nosa escola"

A PREVENCIÓN NA NOSA ESCOLA

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

As alumnas e alumnos do IES de Valadares vimos de gañar o primeiro premio neste concurso. Gañamos para cada un de nós unha mochila chea de material escolar e material divulgativo e unha cámara de fotos dixital para o centro.

O traballo que realizamos foi de "Hixiene, seguridade e prevención de riscos no instituto". Pasamos tres semanas traballando este tema: O primeiro día percorrimos o instituto sacando fotos de sinais de prevención, obrigación, portas antipánico... e todo o que ten que ver coa seguridade e despois buscamos os fallos e os principais riscos que temos no recinto para que poidan ser solventados.

Unha vez recollidos todos estes datos plasmamos toda a información nun panel coas fotos e os consellos a seguir para evitar e minimizar accidentes. Elaboramos un informe técnico con consellos de hixiene persoal e ergonomía nas clases, seguridade e prevención de riscos e cos principais problemas que temos aquí. Este informe foi presentado ao equipo directivo. Por último realizamos varios comics sobre o tema.

Por todo este traballo fomos galardoados co 1º premio no concurso no que participaron moitos institutos de toda Galicia. Fomos invitados á entrega de premios en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Prevención de Riscos Laborais, onde fixemos unha visita educativa polo centro, déronnos unha charla sobre estes temas, probamos os equipos de protección individual e invitáronnos a tomar un aperitivo.

Podes ver unha presentación da entrega de premios premendo aquí. NORABOA A 4ºPDC! 

ADRIÁN BASTOS MARTINEZ, GAÑADOR DA 1ª FASE DO CONCURSO DE PRIMAVERA DE MATEMÁTICAS

O alumno Adrián Bastos Martínez de 3ºC-ESO (Sección Bilingüe) foi un dos gañadores da 1ª Fase do Concurso de Primavera convocado a nivel nacional pola editorial SM, a traves da páxina web www.profes.net.

Os gañadores desta 1ª Fase podes ollalos premendo aquí. Asemade, animámolo a él e a todo o alumnado do instituto a participar na 2ª Fase do Concurso que esta moi próxima a convocarse.

Dende o IES Valadares, e en particular dende o Departamento de Matemáticas dámoslle a noraboa a Adrián polo seu interese no concurso e a súa perseveranza na resolución dos problemas plantexados nesta fase do concurso. 

Distribuir contido