PROGRAMA VIGO EN INGLÉS 2020

Á instancia do Concelleiro de Educación, comunicámoslle que a Xunta de Goberno Local na súa sesión do 06/03/2020 adoptou o seguinte acordo: "Aprobar as bases reguladoras e convocatoria  para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés 2020", dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos", que terá aberto un prazo de solicitude de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte a súa publicación no BOP.
Dado que está previsto que as bases desta convocatoria publíquense este venres 13/03/2020 no BOP, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO LUNS 16 ATA O LUNS 30 MARZO, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE, E A SOLICITUDE XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA DEBERÁ PRESENTARSE NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE VIGO (VÍA PRESENCIAL OU TELEMÁTICA).

Ao fío do anteriormente exposto, hoxe mesmo está previsto que reciban no seu centro educativo por correo postal, todo o soporte documental específico desta iniciativa didáctica municipal, que tamén vai publicar o anuncio de difusión da convocatoria na prensa local(Faro de Vigo)este venres 13 de marzo. En todo caso, achegámoslle, en arquivos adxuntos en formato PDF: Tríptico e Cartel divulgativo do programa "Vigo en Inglés 2020", documento coas instrucións para poder solicitar a participación no programa, e comunicámoslle que TODA A INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE O ASUNTO DE REFERENCIA (BASES, FORMULARIO DE SOLICITUDE ...) ATOPARASE NAS WEBS WWW.VIGOENINGLES.ORG/CONVOCATORIA E/OU WWW.ESCOLASVIGO.ORG/VIGOENINGLES

Pregámoslle unha vez máis a súa inestimable colaboración, para trasladar a presente información ao alumnado do centro que Vostede dirixe, que cumprindo os requisitos que se requiren, esté interesado en solicitar a súa participación nesta iniciativa didáctica municipal de inmersión e integración lingüística "Vigo en Inglés 2020.”

Atentamente, reciba un cordial saúdo.

OFICINA MUNICIPAL PROGRAMA "VIGO EN INGLÉS"


Se suspenden todos los plazos hasta el 29 de marzo aunque igualmente se puede realizar la solicitud cubriendo y enviando el formulario web, junto con la documentación de la que disponga en estos momentos. No será necesario registrarla ni aportar toda la documentación requerida. 

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓNS PROGRAMA VIGO EN INGLÉS 2020.pdf114.42 KB
TRIPTICO VIGO EN INGLES 2020.pdf850.26 KB