FOL

Departamento de Formación e Orientación Laboral

 Benvid@s ao departamento de FOL

O departamento de Formación e Orientación Laboral imparte os módulos de Formación e Orientación Laboral e Empresa e Iniciativa Emprendedora en todos os ciclos que se cursan no noso centro.

A nosa finalidade é achegar o mundo laboral aos nosos alumnos. Entre os contidos dos módulos que impartimos atoparás tanto o referente ao traballo por conta allea (tipos de contratos, nóminas, despidos ...), como ao funcionamento da empresa, así como a procura de empleo tanto por conta propia como allea.

Acreditación da formación de Prevención de Riscos Laborais

Para o desenvolvemento de funcións preventivas nunha empresa existen na actualidade 3 niveis de formación:

  • Formación de nivel superior

Require contar cunha titulación universitaria oficial e cursar unha formación mínima, acreditada por unha Universidade, de 350 horas lectivas de duración no que se elixirá entre as especializacións de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial ou Ergonomía ou Psicosocioloxía Aplicada. Tamén existe a especialidade de Medicina do Traballo, á que únicamente se accede desde a correspondente titulación sanitaria.

  • Formación de nivel intermedio

Require cursar a Formación Profesional conducente ao título de Técnico Superior de Prevención de Riscos Profesionais. 

  • Formación de nivel básico

Require cumprir un dos seguintes requisitos:

- Posuir unha formación mínima non inferior a 30 horas para a maioría das actividades profesionais, ou 50 horas para as actividades profesionais consideradas perigosas, que son as incluidas no Anexo I do RD 39/1997 

- Posuir unha formación profesional ou académica que capacite para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ou similares ás que precisan as actividades sinaladas no apartado anterior.

- Acreditar unha experiencia non inferior a 2 anos nunha empresa, institución ou Administración Pública que leve consigo o desempeño de niveis profesionais de responsabilidade equivalentes ou similares aos que precisan as actividades sinaladas no apartado anterior.

Os alumnos que cursaron o módulo de Formación e Orientación Laboral en calquera ciclo LOE obteñen automáticamente unha formación de nivel básico de 45 horas. Para acreditalo podedes pedir a certificación correspondente na Secretaría do centro.

En determinados convenios colectivos (Contrucción, metal e ferralla), os requerimentos da formación de nivel básico poden variar, e mesmo esixirse cursos complementarios para certas actividades, polo que vos recomendamos que se a vosa actividade profesional está sometida a un convenio destes sectores consultedes o texto do mesmo.

 

O centro de referencia en Prevención de Riscos Laborais en Galicia é o ISSGA. Eles poden informarvos tamén sobre requerimentos formativos e cursos para acadalos. Teñen unha sede na Coruña á que podedes acudir ou poñervos en contacto vía teléfono ou email.

Distribuir contido