Física e química

DEPARTAMENTO DE FISICA E QUIMICA

ASIGNATURAS QUE IMPARTE DURANTE O CURSO 2015-16

  • FÍSICA E QUÍMICA DE 1º BAC
  • LABORATORIO DE FÍSICA E QUÍMICA DE 1º BAC
  • FÍSICA DE 2ºBAC
  • QUÍMICA DE 2º BAC
  • RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS AMBIENTAIS. C.S.: PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS
  • EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS

ENLACES DE INTERESE

FisQuiWeb

Luis Ignacio García González (profesor asturiano de Física e Química) aporta na súa páxina unha completa colección de materiais moi variados e interesantes (apuntes, axudas ó estudio, prácticas de laboratorio, minivideos, etc.).

PhET

A Universidade deColorado mantén unha completísma colección de animacións de Física, Química, Matemáticas, Bioloxía, etc. Sitio cunha gran calidade gráfica e constantemente actualizada: realmente para aprender disfrutando.

Libros maravillosos

Desde 2001, Patricio Barros e Antonio Bravo poñen a disposición dos internautas unha exelente colección de libros electrónicos de todo tipo. Especialmente interesante é a serie de libros de divulgación científica (exemplo: todos os de Yakov Perelman)  e as biografías (moitas xa fóra de edición).

GRUPO HEUREMA

Apuntes de Física e de Química, tests de Física e de Química, prácticas de Física, prácticas de Química, etc.

SELECTIVIDADE FÍSICA-QUÍMICA

Exames de Selectividade de Física e de Química propostos en Galicia e coa solución detallada de cada exercicio. Desde o 2002 e actualizado ata 2015


ESPAZOS E EQUIPAMENTOS

Dispoñemos de laboratorio de Física e laboratorio de Química en cada un dos cales poden traballar con comodidade grupos de máis de 30 alumnos.

Entre a abundante e variada dotación de material, as "xoias da coroa" son os armarios "Torres Quevedo" dos que dispoñemos de 5 (¡nin máis nin menos!) practicamente completos.


Estes equipos foron deseñados polo Instituto Torres Quevedo do CSIC nos anos 50 para o ensino da Física. Cada armario contén o material necesario para realizar experiencias de Mecánica, Termodinámica, Óptica e Electromagnetismo. Son equipos de excelente calidade e moi robustos.

Proxecto do Departamento: Posta en marcha dun blog no que iremos recollendo as experiencias e mostrando o material destes equipos, como tributo a un equipamento que nunca foi superado por as sucesivas xeracións de material de laboratorio de fabricación española.


 ACTIVIDADES COMPLEMETARIAS E EXTRAESCOLARES

No centro da actividade docente do Departamento de Física e Química, deben estar sempre os traballos prácticos sexa nos laboratorios ou nas aulas. Pero este propósito enriquécese coas aportacións que intentamos facer con outras iniciativas e actividades como os que amosamos aquí:

- Visitas a lugares de interés: Casa das Ciencias e CIQUS


- Colaboración na dinamización da biblioteca do centro: actividades de lectura de divulgación científica

 


- Participación no días da ciencia na rúa: desde o 2013 ata o curso actual


- Ciencia en acción (2015) e FinDe científico (2017)


- Participación cada ano nas fases locais das olimpiadas de Física e de Química

Distribuir contido