Skip to Content

Guía delegados/as

DELEGADOS

Nesta páxina podes atopar unha serie de indicacións e documentos para facilitar o teu traballo como delegado/a de clase.

Durante o mes de outubro terá lugar o proceso de elección de delegado/a e subdelegado/a de aula supervisado polo profesor/a titor/a de cada grupo.

É fundamental que os/as delegados/as elexidos proporcionen un medio de contacto, preferentemente email, para poder ser avisados das distintas reunións e actividades con suficiente antelación.

As funcións dos Delegados están reguladas no Título V do DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. Aquí resumimos o máis importante:

Artigo 114º.

Corresponde ós delegados de grupo:

  1. Asistir ás reunións da xunta de delegados e participar nas súas deliberacións.
  2. Expoñer ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo ó que representan.
  3. Fomenta-la convivencia entre os alumnos e alumnas do seu grupo.
  4. Colaborar cos profesores e profesoras e co equipo directivo do instituto para o seu bo funcionamento.
  5. Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do instituto.

Artigo 115º.

  1. Os delegados non poderán ser sancionados polo exercicio das súas funcións como voceiros dos alumnos e alumnas, nos termos da normativa vixente.
  2. O xefe ou xefa de estudios facilitará á xunta de delegados un espacio adecuado para que poida celebra-las súas reunións.

Protocolo de actuación nas folgas de estudantes:

  1. A folga debe estar convocada oficialmente por un sindicato de estudiantes recoñecido.
  2. O/A presidente/a da xunta de delegados/as poderá convocar unha reunión con antelación suficiente para decidir as medidas a tomar e informar da legalidade da folga.
  3. Cada grupo de alumnos/as informará o día antes da folga, ao seu titor/a da participación ou non na folga.
  4. O alumnado menor de idade que participe na folga tamén deberán entregar ao titor/a un documento que acredite que os seus pais/nais ou titores/as legais están informados. Non se trata dun xustificante.
  5. De calquera xeito, as faltas por folga non son xustificables e computarán para a perda do dereito a avaliación continua. A ausencia a clases sen cumprir este protocolo pode supoñer ademais unha sanción por conduta contraria ás normas de convivencia do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut