Promoción do Software Libre

Software Libre?? Linux?? Ubuntu?? Queres coñecer todas as posibilidades que che ofrece o #SoftwareLibre ??

O IES Universidade Laboral pon a disposición do alumnado do centro varios ordenadores portátiles coa distribución de Linux UBUNTU como sistema operativo. Queremos dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece o Software Libre.

Se es alumno ou alumna do centro, solicita a cesión dun dos portátiles UBUNTU a través do teu titor ou titora antes do 24 de febreiro. Máis información nesta páxina.