Skip to Content

MODELOS DE CADERNO DO DOCENTE

No noso centro temos desenvolvido, utilizando unha folla de cálculo de Drive, un modelo de caderno do docente que pode axudarte a levar o control do teu traballo cos distintos grupos aos que impartes clase.

Entrando nesta ligazón podes ver o seu funcionamento. Para un uso "normal" (3 avaliacións independentes) escolle o cartafol "Caderno do docente". Si utilizas unha soa avaliación ou unha avaliación continua rigurosa utiliza a "Versión especial":

 

Na carpeta tes a folla de cálculo, un titorial e unha carpeta con fotos. Podes abrir o caderno (folla de cálculo) pero só terás acceso a un funcionamento básico en modo lectura, non poderás editar (facer cambios).

No caso de que che interese ou queiras experimentar con todas as funcións podes facer unha copia que debes gardar no teu Drive: "A miña unidade". Si fas clic dereito por riba do ficheiro aparece a opción correspondente e xa o gardará automaticamente en "A miña unidade".

Os cadernos están perfectamente operativos pero aínda en fase de probas, avísanos de calquera cousa que consideres que non funciona correctamente (calidade@ulaboral.eu).

Para mais información podes falar con calquera dos autores:

Javier Bescansa Carro

Manuel Blanco Peña

Paula Blanco Rivera

Jesús Hurtado Bodelón

María Nieto López

Manuel Rodríguez Núñez 

Antonio Villamor Perez

 



page | by Dr. Radut