Información Ofertas e Bolsa de Emprego

Xestión de ofertas de emprego

Dende o departamento de orientación xestionanse as ofertas de emprego que chegan ao centro. Os ex-alumnos/as do CIFP Universidade Laboral poden voluntariamente darse de alta na aplicación de Bolsa de emprego, subir o seu C.V. e solicitar algunha das ofertas publicadas polas empresas.
As empresas tamén poden darse de alta na Bolsa de emprego do centro, publicar as súas ofertas de emprego e contactar directamente coas persoas candidatas.
Para darse de alta na aplicación de Bolsa de emprego sigue os pasos que se indican a continuación, dependendo de se eres un/ha ex-alumno/a ou empresa:

Alta como alumno/a titulado/a que busca emprego:

  1. Realiza o rexistro na ligazón dispoñible na páxina web do ocentro “Bolsa de emprego”.
  2. Selecciona o formulario de “Acceso Candidatos/as” da aplicación.
  3. Cumprimenta os teus datos no formulario para rexistrarte.
  4. Ao premer en “Enviar” recibirás un correo electrónico ao enderezo indicado no formulario. No correo terás acceso a unha ligazón que deberás premer obrigatoriamente para activar a túa conta.
  5. Unha vez activada a túa conta poderás acceder á Bolsa de emprego premendo na ligazón “Acceso Candidatos/as” co teu correo electrónico e contrasinal. Unha vez dentro da aplicación deberás subir o teu CV e poderás buscar e solicitar ofertas de emprego publicadas polas empresas.

Alta como empresa que quere publicar ofertas de emprego:

  1. Realiza o rexistro na ligazón dispoñible na páxina web do ocentro “Bolsa de emprego”.
  2. Selecciona o formulario de “Acceso empresas” da aplicación.
  3. Cumprimenta os datos da túa empresa no formulario para rexistrala.
  4. Ao premer en “Enviar” recibiredes un correo electrónico ao enderezo indicado no formulario para confirmar a súa conta. Unha vez completado o proceso de rexistro debedes enviar un email a bolsaemprego@ulaboral.eu para que dende o centro se active a vosa empresa na aplicación.
  5. Unha vez activada a conta da túa empresa poderedes acceder á Bolsa de emprego premendo na ligazón “Acceso empresas”. Unha vez dentro da aplicación teredes a opción de publicar ofertas de traballo, buscar candidatos/as e contactar directamente con eles/as.


Para calquera dúbida podedes enviar unha mensaxe a través do formulario da aplicación, contactar a través do email (bolsaemprego@ulaboral.eu) ou chamar ao centro e preguntar pola Departamento de Orientación.

Boa sorte!