Información
Nesta páxina podes atopar unha serie de indicacións, documentos e ligazóns que poden ser de interés para o seguimento do teu fillo/a.
Os documentos e plantillas que podes descargar desta páxina están ou ben no formato standard opendocument (para o que recomendo usar os programas gratuítos openoffice ou libreoffice) ou ben en pdf.
En primeiro lugar, si queres facerte socio/a da ANPA, descarga e cubre o formulario, despois entregao no buzón da ANPA achegando o xustificante de ingreso:
O primeiro día de clase, na presentación co seu titor, o teu fillo recibe unha serie de documentos moi importantes dos que te debería informar antes de devolver asinados ao seu titor/a:
- Autorización tratamento da imaxe. Os alumnos menores de idade deben traer asinada a autorización dos seus pais para que a súa imaxe poida aparecer no material gráfico e audiovisual que se difunda dende o centro escolar.
- Autorización abandono do centro. Os alumnos menores que teñan autorización poden abandonar o centro cando non teñan clase a última hora, ou as duas últimas no caso de ciclos formativos (os talleres normalmente van en bloques horarios de dúas horas ou mais).
- Autorización envio de datos aos pais (menores idade). No caso de que os alumnos sexan menores de idade, os pais que queiran recibir información inmediata das incidencias do seu fillo/a teñen que proporcionarnos o seu email (o SMS só se utiliza en casos xustificados).
- Autorización envio de datos aos pais (maiores idade). Os alumnos maiores de idade deben autorizar mediante este documento a que podamos informar aos seus pais/nais ou titores legais de calquera incidencia ocurrida no ámbito do centro educativo.
- Autorización de recollida do alumno durante horario lectivo.
LIGAZÓNS DE INTERESE
- Páxina da Consellería de Educación. Información variada e actualizada. Normativa.
- Páxina de FP. Información específica de FP.
- Páxina da CIUG. Información relativa as PAU: Exames doutros anos, listaxes,...
- No menú Xefatura de Estudos, dentro desta mesma web, podes ver o calendario escolar, os horarios de todos os grupos, os libros de texto de bacharelato e o Regulamento de Réxime Interno do noso centro.
- Protocolo de actuación nas folgas de estudantes.