CICLO SUPERIOR DE FÚTBOL

 

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

 

Valorarase o grado de consecución dos obxectivos previstos aplicando a metodoloxía, tendo en conta a adquisición das competencias, os criterios de avaliación e utilizando os distintos instrumentos de avaliación. A calificación establecerase a partir do análisis do aprendizaxe e do progreso nas actividades e tarefas realizadas polo alumnado.

A avaliación é continua polo que non haberá recuperacións e se terá en conta o progreso do alumno ao longo do curso.Os contidos procedementais fundamentalmente de tipo lingüístico e práctico son progresivos e acumulativos, pois todo o alumnado, non só o que suspende unha avaliación, ten que dominar e dar conta do que aprendeu desde o principio do curso ata o final en cada unha das avaliacións .Os contidos iranse acumulando dunha proba na seguinte e a materia non superada nunha avaliación previa pódese dar por aprobada una vez superada a seguinte. Así, a nota final reflictira todos e cada un dos aspectos tratados durante o curso escolar, asi como os resultados de cada avaliacion, incentivando o traballo persoal e a progresión nos coñecementos e nas actitudes do alumno con respecto a sua aprendizaxe.

O alumnado terá que:

 

  • Demostrar que posúe un certo dominio e equilibrio nas distintas destrezas que ten que resolver ao longo do curso.

  • Este dominio terá que verse reflectido nas probas que ten que realizar ao longo de cada avaliación.

  • As distintas partes desas probas deberán estar compensadas.

  • O feito de obter unha cualificación moi baixa nunha delas (un apartado en branco ou con moitos erros básicos) pode determinar que o alumno non

  • poida ser cualificado de xeito positivo o penalizaría negativamente rebaixando en gran medida a nota acadada.

  • Evitar a reiteración de erros básicos.

  • Ter entregado, na data fixada, os traballos solicitados polo profesorado e ter traballado na aula.

 

 

Os exames e controis son unha etapa mais no proceso de aprendizaxe e son algúns dos instrumentos dos que o profesorado fará uso para comprobar que o alumnado é capaz de utilizar o aprendido durante o curso.

Comezarase o curso realizando unha avaliación inicial para coñecer o nivel real do grupo. Neste ciclo o alumnado é moi heteroxéneo tanto en idade como en intereses e formación e iso afecta o nivel do grupo.

Ao final da avaliación haberá un exame escrito que constará dunha parte gramatical Use of English + Vocabulary + Writing + Reading . O profesor poderá realizar as partes de este exame en diferentes sesións: Reading e Writing nunha sesión e Use of English e Vocabulary noutra.

Haberá un exame de Speaking (pode substituirse pola observación na aula se non houbese tempo suficiente para facelo) e Listening en cada avaliación. Se o exame de “listening” é de multiple choice o profesor podería penalizar as preguntas tipo test contestadas erróneamente cunha penalización negativa de -0’25 puntos. Non obstante, non se penalizará cando a pregunta quede sen contestar. Tratase de disuadir ao alumno de que conteste ao chou.

 

A parte de Use of English constará básicamente de:

  • transformacións e coñecemento de estruturas gramaticais

  • completar oracións cuxo principio ou final se lles dará

  • tempos verbais

  • preguntas de elección múltiple (a pregunta contestada erróneamente penalizará con -0’25)

  • exercicios de preguntas e repostas

 

Polo que se refire ás preguntas que pretendan valorar a asimilación por parte do alumno de estruturas tales como Pasiva, Estilo Indirecto, Condicionais, Interrogativas ou Negativas, Comparativos, Relativos, Verbos Modais etc os alumnos non obtendrán puntuación en elas si teñen máis frases incorrectas que correctas. Daquela, a puntuación nese apartado sería 0. Este criterio non se seguirá nas transformacións gramaticais que mesturen estruturas.

Se o alumno cometese erros gramaticais que no seu nivel non podería cometer como Can / Must / May + To-infinitive, adxectivos con s, omisión da s na 3ª persoa do presente, Word Order, continua omisión do suxeito, etc., estes erros poderían carrexar unha redución considerable na súa nota (-0’20 por erro cometido).

 

A parte de Vocabulario incluirá exercicios sobre o vocabulario novo e o visto anteriormente tanto do sector profesional como da vida diaria.

A parte de Reading pode incluir exercicios de verdadeiro/falso, preguntas sobre información xeral ou para extraer información específica, exercicios de vocabulario, etc sobre un texto escrito. Tamén pode incluir un resumen do texto o traducción.

A parte de Writing versará sobre temas tratados na clase ou temas de interese para o alumnado. Serán similares as realizadas na clase ou como deberes.

Valorarase o uso correcto e a riqueza de estruturas diversas, función e léxico axeitados, así como elementos de cohesión e coherencia, de organización e claridade. Valorarase tamén a adecuación do rexistro e o risco asumido.

A parte de Listening pode incluir exercicios de Verdadero/Falso,preguntas sobre información xeral ou para extraer información específica, de multiple choice, de exercicios de completar oracións, ocos, etc

Na parte de Speaking terase en conta o uso da lingua inglesa na clase, e os exercicios de role-play, de exposición, etc feitos na clase. Valorarase a pronunciación, fluidez, riqueza de vocabulario e estructuras gramaticais, a corrección gramatical, o uso de estratexias para comprender e facerse comprender.

As distintas partes das probas (Reading, Writing, Use of English, Vocabulary, Listening, Speaking) deberán estar compensadas. O feito de obter unha cualificación moi baixa nunha delas (un apartado en branco o cunha nota inferior a 2) pode determinar que o alumno non poida ser cualificado de xeito positivo o penalizaría negativamente rebaixando en gran medida a nota acadada.

As preguntas dos exames irán acompañadas do seu baremo e o alumnado coñecera o porcentaxe que o exame terá na súa nota de avaliación. Ademais, os profesores utilizarán unhas rúbricas ou indicadores de correción para avaliar as distintas destrezas, que serán coñecidas polos alumnos e alumnas (máis adiante nesta programación). Preténdese con isto que haya homogeneidad entre o profesorado que imparte un mesmo nivel e que se consiga acadar unha calibración satisfactoria.

Si o alumno non se presentase a algún exame (digamos listening ou speaking), non poderá aprobar a avaliación por non ten acreditado a súa competencia nesas destrezas. Só se lle admitirá unha causa xustificada (informe médico, defunción dun familiar, etc) como eximente por non presentarse.

 

Os porcentaxesque terán as distintas partes son os seguintes:

 

Exames escritos : Writing: 20% (2 /10) Reading: 30% (3/10) Use of English e Vocabulary: 30% (3/10)

Exames Orais: Speaking: 10% (1/10) Listening: 10% (1 /10)

 

A nota acadada nestes exames contará só un 90% da nota global. O 10% restante valorará o traballo do alumno tanto na casa coma na aula.

 

Valórase neste apartado o seguinte:

 

  • Atención, participación e traballo diario na aula. Esforzo continuado

(Classwork (traballo na aula): Sempre; Habitualmente; Algunhas veces ; Case nunca; Nunca.)

 

  • Intervencións orais durante a clase (respostas, exposicións orais, lectura de textos escritos...).

 

  • Exercicios escritos feitos na clase o casa, tanto a súa realización coma a súa corrección unha vez vistas as solucións.

  • Desenvolvemento de actividades extras propostas polo profesor.

(Homework (traballo fora da aula): Sempre; Case sempre; Algunhas veces; Case nunca; Nunca.)

 

  • Respeto polos prazos sinalados para a presentación de traballos escritos (proxectos, redaccións, etc).

  • Aqueles traballos dos que se sospeite autoría allea ao alumno serán cualificados con 0.

 

 

Para poder aprobar a avaliacion, as notas das destrezas ou dos coñecementos lingúísticos deben estar compensadas co fin de que o alumno non poda abandonar unha ou algunha das partes das que consta a avaliación.

MOSTRAS DE EXAMES

 

AdxuntoTamaño
ENGLISH EXAM translation.doc19 KB
ENGLISH EXAM 1 ev. 2012.doc32 KB
Become a better midfield player.doc30 KB