EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA ADULTOS

 

 

Impártese no centro a Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA).

Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

Dirixido a todas as persoas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria. Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.

  • Horario: estase impartindo na actualidade e dese a súa implantación no Centro en horario de mañá.
  • Módulo de 1º e 3º: Comezará o 1 de outubro e rematará a 2ª semana de febreiro.
  • Módulo de 2º e 4º: Comezará a 3ª semana de febreiro.

Para o alumnado novo realizáranse probas de nivel correspondente.

Máis información nesta páxina da Consellería de Educación.