Aulas Virtuais

 
 
O profesorado do Centro pode utilizar aulas virtuais no entorno Moodle. Para acceder ao listado de aulas virtuais, pinchade no enlace que atoparedes na parte superior esquerda da web do Centro. Como podedes ver xa temos máis de 90 aulas e seguirá crecendo.

Que é un aula virtual?

Pois é unha ferramenta a nosa disposición que podemos utilizar de distintos xeitos:

  • Podemos utilizala de apoio ás nosas materias e módulos, coma se fora unha páxina web persoal na que colgamos apuntes, ligazóns, fotos, vídeos, cuestionarios, etc.
  • Podemos usala como un sistema de ensino a distancia no que os alumnos poden seguir un temario lección a lección, facer traballos, exames, etc, dende a súa casa ou calquera sitio con conexión a internet. Isto pode facilitar a tarefa para alumnos enfermos, pendentes doutros anos, etc.
  • De calquera outro xeito que pensedes.

Cómo se crea un aula virtual?

Tedes que solicitala ao coordinador do Grupo TIC do Centro aportando o nome da aula que queredes crear, o departamento e o voso nome completo.
Se é a primeira vez que utilizas a nosa plataforma de aulas virtuais, previamente tes que darte de alta na propia plataforma, como se indica máis adiante.

Inscrición de alumnos nas aulas virtuais

Hai dous tipos de inscricións que o alumnado ten que cumprir para poder utilizar as aulas virtuais do centro:

- Alta na propia plataforma de aulas virtuais Moodle do centro.

- Inscrición nun aula concreta.

Alta na propia plataforma de aulas virtuais Moodle do centro

Este proceso de alta só o fai o alumno ou profesor/a unha vez durante a súa estancia no centro, antes de comezar a utilizar calquera aula virtual. O alumno ou alumna debe seguir o seguinte proceso:

O nome de usuario e contrasinal elixidos se utilizarán para entrar nas aulas virtuais.

Inscrición nun aula concreta

 
Para inscribirse e poder acceder a un aula concreta, o profesor correspondente proporcionará aos alumnos a "chave de matriculación" (ver máis adiante onde se obtén esta chave de inscrición) desa aula.
Unha vez se coñeza a chave de matriculación, cada alumno debe seguir os seguintes pasos:
  • Acceder á plataforma de aulas virtuais dende a páxina principal das aulas, pinchando na esquina superior dereita en "Acceso" e introducir o nome de usuario e contrasinal.
  • Volver á páxina principal das aulas virtuais e pinchar na aula concreta na que se quera inscribir.
  • Introducir a chave de inscrición que che proporcionou o profesor e pinchar en "Matricúlame".
 
Obtener a chave de matriculación dun aula
Para ler a chave de matriculación dun aula dun profesor/a e así proporcionala aos alumnos, dentro do aula ir a:
Administración do curso > Usuarios > Métodos de matriculación > editar Automatriculación (pinchar na roda dentada) > desenmascarar Chave de matriculación.
 
Ten que estar activa a opción de Automatriculación. Se non está activa (icona do ollo tachada), pinchar na icona do ollo para activala.
 
A chave de matriculación da aula "Sala de profesorado" solicitada ao xefe de estudos.
 
Como borrar a alumnos matriculados nun aula?
Unha vez que o profesor/a está dentro do aula, seguir estes pasos:
Administración do curso > Usuarios > Usuarios matriculados > pinchar na "x" vermella que ten cada usuario na columna da dereita.
 

Que fago se un usuario (profesor ou alumno) esqueceu o seu nome de usuario ou contrasinal?

Dende a páxina inicial da plataforma de aulas virtuais, na esquina superior dereita da pantalla, premer en "Acceso".
Dende a páxina de Acceso premer en "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?", e seguir as instrucións da páxina.