OS NOVOS PLANES DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS
OS NOVOS PLANS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS
Os novos plans de estudos universitarios comezarán no curso 2008/2009
As licenciaturas e diplomaturas desaparecen para ser substituídas por
- Títulos de Grao,
- Máster e
- Doutorado
1. Títulos de Grao, 240 créditos, repartidos en catro anos.
Os 60 primeiros serán comúns en varias carreiras englobadas nun mesmo bloque, o que permitirá cambiar de carreira en calquera momento.
2. O Máster será unha titulación de especialización académica e profesional, dunha duración de entre 60 e 120 créditos, entre os que se inclúe tamén un traballo final do alumno.
3. Os que superen os anteriores poderán acceder ao doutorado: investigación conducente á tese. Podería durar entre tres e catro anos.
4. Certificación, se che vai mal na Universidade:
Unha vez superados 120 créditos, o estudante recibirá un Certificado de Estudos Universitarios Iniciais (CEUI), co que poderá acreditar o estudado. Isto vai posibilitar a saída e entrada dos estudantes do mundo laboral á universidade.
Establécense cinco ramas de coñecementos:
a. Artes e Humanidades
b. Ciencias
c. Ciencias da Saúde
d. Ciencias Sociais e Xurídicas
e. Enxeñaría e Arquitectura
ARTES E HUMANIDADES
- Antropoloxía
- Arte
- Economía
- Ética
- Expresión Artística
- Filosofía
- Xeografía
- Historia
- Idioma Moderno
- Latín
- Lingua
- Lingüística
- Literatura
- Socioloxía
CIENCIAS
- Bioloxía
- Bioquímica
- Estatística
- Física
- Fisioloxía
- Xeografía
- Xeoloxía
- Historia
- Informática
- Matemáticas
- Medio Ambiente
- Química
CIENCIAS DA SAÚDE
- Anatomía
- Bioloxía
- Bioquímica
- Farmacoloxía
- Fisioloxía
- Histoloxía
- Informática
- Microbioloxía
- Nutrición
- Psicoloxía
- Química
- Saúde Pública
- Toxicoloxía
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS
- Antropoloxía
- Ciencia Política
- Comunicación
- Dereito
- Didáctica
- Documentación
- Economía
- Educación
- Empresa
- Estatística
- Historia
- Matemáticas
- Psicoloxía
- Socioloxía
ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA
- Comunicacións
- Economía
- Electrónica
- Estatística
- Expresión Gráfica
- Física
- Xeoloxía
- Informática
- Matemáticas
- Materiais
- Mecánica
- Medio Ambiente
- Medios Continuos
- Química
- Redes
- Termodinámica