dEPARTAMENTO DE INGLÉS

 

1º BACHILLERATO


 O libro de texto para o presente curso é  Performance1 (Student’s book) Ed. Pearson Longman

 

 Criterios de cualificación e promoción
 
Valorarase o grado de consecución dos obxectivos previstos aplicando a metodoloxía, tendo en conta a adquisición das competencias, os criterios de avaliación e utilizando os distintos instrumentos de avaliación. A calificación establecerase a partir do análisis do aprendizaxe e do progreso nas actividades e tarefas realizadas polo alumnado. 
 
A avaliación é continua polo que  non haberá recuperacións e se terá  en conta o progreso do alumno ao longo do curso.Os contidos procedementais fundamentalmente de tipo lingüístico e práctico son progresivos e acumulativos, pois todo o alumnado, non só o que suspende unha avaliación, ten que dominar e dar conta do que aprendeu desde o principio do curso ata o final en cada unha das avaliacións .Os contidos iranse acumulando dunha proba na seguinte e a materia non superada  nunha avaliación previa pódese dar por aprobada una vez superada a seguinte. Así, a nota final reflictira todos e cada un dos aspectos tratados durante o curso escolar, asi como os resultados de cada avaliacion, incentivando o traballo persoal e a progresión nos coñecementos e nas actitudes do alumno con respecto a sua aprendizaxe.
 
 
O alumnado terá que:

 
 
 
 
 

  •  Demostrar que posúe un certo dominio e equilibrio nas distintas destrezas que ten que resolver ao longo do curso. Este dominio terá que verse reflectido nas probas que ten que realizar ao longo de cada avaliación.  As distintas partes desas probas deberán estar compensadas. O feito de obter unha cualificación moi baixa nunha delas (un apartado en branco ou con moitos erros básicos)  pode determinar que o alumno non poida ser cualificado de xeito positivo o  penalizaría negativamente  rebaixando en gran medida a nota acadada.
  • Evitar a reiteración de erros básicos. 
  • Ter entregado, na data fixada, os traballos solicitados polo profesorado e ter traballado na aula.

 
 
Os exames e controis son unha etapa mais no proceso de aprendizaxe e son algúns dos instrumentos dos que o profesorado fará uso para comprobar que o alumnado é capaz de utilizar o aprendido durante o curso.
 
Comezarase o curso realizando unha avaliación inicial para coñecer o nivel real do grupo). Ao final da avaliación haberá un exame escrito que constará dunha parte gramatical Use of English+ Vocabulary + Writing + Reading . O profesor poderá realizar as partes de este exame en diferentes sesións: Reading e Writing  nunha sesión e Use of English, Vocabulary e Phonetics noutra. 
 
Haberá un exame de Speaking (pode substituirse pola observación na aula se non houbese tempo suficiente para facelo) e Listening en cada avaliación  . Se o exame de “listening” é de multiple choice o profesor podería penalizar as preguntas tipo test contestadas erróneamente cunha penalización negativa de -0’25 puntos. Non obstante, non se penalizará cando a pregunta quede sen contestar. Tratase de disuadir ao alumno de que conteste ao chou.
 
A parte de Use of English constará básicamente de:
 
 

  •  transformacións gramaticais 
  •   facer ou contestar preguntas 
  • completar oracións cuxo principio ou final se lles dará  
  • recoñecemento de estruturas gramaticais.  
  •   tempos verbaiis 
  •   rencher ocos

 
Polo que se refire ás preguntas que pretendan valorar a asimilación por parte do alumno de estruturas tales como Pasiva, Estilo Indirecto, Condicionais, Interrogativas ou Negativas, Comparativos, Relativos, Verbos Modais etc os alumnos non obtendrán puntuación en elas si teñen máis frases incorrectas que correctas. Daquela, a puntuación nese apartado sería 0.
 
Haberá en tódolos exames preguntas máis mecánicas cuxo baremo non será tan alto, pois aínda que importantes este departamento non as considera básicas para pasar de curso. Serán preguntas de colocar preposicións correctas, de correcta ortografía, de correxir erros, de multiple-choice, de definición de palabras, etc.
 
Se o alumno cometese erros gramaticais que no seu nivel non podería cometer como Can / Must / May + To-infinitive, adxectivos con s, omisión da s na 3ª persoa  do presente, Word Order, continua omisión do suxeito, etc., estes erros poderían carrexar  unha redución considerable na súa nota (-0'20 por erro cometido).
 
A parte de Vocabulario incluirá exercicios sobre o vocabulario novo e o visto anteriormente.
 
A parte de Reading pode incluir exercicios de verdadeiro/falso, preguntas sobre información xeral ou para extraer información específica, exercicios de vocabulario, etc sobre un texto escrito.
 
A parte de Writing versará sobre temas tratados na clase ou temas de interese para o alumnado.Serán similares as realizadas na clase ou como deberes. Valorarase o uso correcto e a riqueza de estruturas  diversas , función e léxico axeitados, así como elementos de cohesión e coherencia, de organización e claridade. Valorarase tamén a adecuación do rexistro e o risco asumido. 
 
A parte de Listening pode incluir exercicios de Verdadero/Falso,  preguntas sobre información xeral ou para extraer información específica, de multiple choice, de exercicios de completar oracións, ocos, etc
 
Na  parte de Speaking terase en conta o uso da lingua inglesa na clase, e os exercicios de role-play, de exposición, etc feitos na clase. Valorarase a pronunciación, fluidez, riqueza de vocabulario e estructuras gramaticais, a corrección gramatical, o uso de estratexias para comprender e facerse comprender.
 
As distintas partes das probas (Reading, Writing, Use of English, Vocabulary,  Listening, Speaking ) deberán estar compensadas. O feito de obter unha cualificación moi baixa nunha delas (un apartado en branco o cunha nota inferior a 2)  pode determinar que o alumno non poida ser cualificado de xeito positivo o  penalizaría negativamente  rebaixando en gran medida a nota acadada.
 
As preguntas dos exames irán acompañadas do seu baremo e o alumnado coñecera o porcentaxe que o exame terá na súa nota de avaliación. Ademais, os profesores utilizarán unhas rúbricas ou indicadores de correción para avaliar as distintas destrezas, que serán coñecidas polos alumnos e alumnas (máis adiante nesta programación). Preténdese con isto que haya homogeneidad entre o profesorado que imparte un mesmo nivel e que se consiga acadar unha calibración satisfactoria.
 
 
Si o alumno non se presentase a algún exame (digamos listening ou speaking), non poderá aprobar a avaliación  por  non ten acreditado a súa competencia nesas destrezas. Só se lle admitirá unha causa xustificada (informe médico, defunción dun familiar,etc ) como eximente por non presentarse. 
 
 
 
 
 
Os  porcentaxes que terán as distintas partes son os seguintes:
 
Exames escritos: 80 % 
 
 Writing: 20% (2/10)    Reading: 20% (2/10 )     Use of English : 30% (3 /10  )      Vocabulary: 10 % (1/10)
 
Exames Orais: 20% 
 
Speaking: 10% (1/10)           Listening: 10% (1/10)
 
A nota acadada nestes exames  contará un 90% da nota global. O 10% restante  valorará o traballo do alumno tanto na casa coma na aula.
 
 Valórase aquí o seguinte:
 

  • Atención, participación e traballo diario na aula. Esforzo continuado              (Classwork (traballo na aula): Sempre; Habitualmente; Case nunca; Nunca.
  • Intervencións orais durante a clase (respostas, exposicións orais, lectura de textos escritos...).
  •  Exercicios escritos feitos na clase o casa, tanto a súa realización coma a súa corrección unha vez vistas as solucións. Desenvolvemento de actividades extras propostas polo profesor. (Homework (traballo fora da aula): Sempre; Case sempre; Algunhas veces; Case nunca; Nunca.)
  •  Respeto polos prazos sinalados para a presentación de traballos escritos (proxectos, redaccións, etc). Aqueles traballos dos que se sospeite autoría allea ao alumno serán cualificados con 0.

 
Para poder aprobar a avaliacion, as notas das destrezas ou dos coñecementos lingúísticos deben estar compensadas co fin de que o alumno non poda abandonar unha ou algunha das partes das que consta a avaliación.
 
Valorarase positivamente o habito da lectura. Aínda que non hai un libro de lectura obligatorio, o profesor, si o considera oportuno, poderá incentivar a lectura de libros por medio dun incremento de ata un 10% na nota de avaliación. Os alumnos pedirán prestado un libro do seu nivel na biblioteca e elaborarán un traballo sobre él seguindo a estrutura proporcionada polo profesor. 
 

 

 

MOSTRAS DE EXAMES

 

 

 

AdxuntoTamaño
Pendientes 2011-12 enero.doc61 KB
PEND. 09-10 FEBR..doc44.5 KB