INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Esta mañá, 11 de setembro, o conselleiro de educación confirmou que o inicio das actividades lectivas se adia desde os días 16, 17 e 18 previstos, até os días 23,24 e 25 de setembro.

A falta de espazo para acomodar o alumnado coa distancia de 1'5 mts, modificada o pasado 28 de agosto, obriga a ampliar o número de profesores habitual do centro e ainda está por confirmar cantos se conceden. Sen ese dato, é imposible organizar o ensino secundario e o de bacharelato. Ademais  provoca o aumento de grupos e esta circunstancia está dificultando a organización e pode que os niveis de bacharelato e ciclo teñan ensino semipresencial, sempre que a consellería o considere oportuno.

Por todo isto pedimos paciencia ás familias dos nosos alumnos. En canto teñamos inofrmación veraz comunicarémola por este medio.