Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Xullo 17, 2019 »
Mér

 

EMPRÉSTIMO DE LIBROS DE 1º E 2º ESO

Aínda que os alumnos adscritos ao proxecto E-DIXGAL NON TEÑEN DEREITO ao fondo solidario de libros (Orde do 3 de maio de 2019, publicada no DOG 94 do 20 de maio, Cap. I, art. 2 punto 2), o equipo directivo do centro decidiu repartir os libros de 2º da ESO do seu fondo entre os alumnos deste nivel.

Infelizmente na matrícula non se incluíu ningún documento para as familias faceren constar o seu desexo de obter libros do fondo polo que non é posible saber o número de interesados. Esta circunstancia está a causar dúbidas e incerteza entre os familiares dos nosos alumnos, motivo polo que pedimos desculpas.

Con estas circunstancias e feitos cálculos de alumnos matriculados e dos libros na nosa pose, resulta que correspondería un libro, dunha materia, distribuídas aleatoriamente, para cada alumno matriculado na convocatoria de xullo en 1º ESO e dous libros por alumno en 2º ESO.

Nos próximos días contactaremos coas familias do alumnado matriculado en xuño. Os libros entregaranse ao inicio de curso en setembro.

Distribuir contido