WebTrasancos

Aberta Admisión para o curso 2014-2015

A Consellería de Educación ven de abrir o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso. Nun primeiro momento vai facerse a reserva de praza para os alumnos procedentes dos centros adscritos. No noso caso os procedentes de 6º de Primaria matriculados actualmente no CEIP A Gándara.

O prazo é do 1 ao 15 de febreiro e a reserva farase efectiva entregando na Secretaría do CEIP A Gándara o Anexo I que poden atopar neste enlace.

Os prazos de solicitude de admisión para alumnos de ESO e Bacharelato procedentes doutros centros publicaranse proximamente nesta mesma web.

A normativa que se aplicará é a mesma do curso pasado, coa única excepción dos prazos aplicables.