WebTrasancos

Procedemento de Admisión Curso 2018/ 2019

  

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2018/ 2019 

Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición.

Do 1 ao 15 de febreiro

Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.

Última semana de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes.

Antes do 1 de marzo

Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores (solicitude de praza en centros públicos).

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

A partir do 22 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 25 de abril

Reclamacións.

 

Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados.

5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

Publicación de listaxes definitivas.

Antes do 15 de maio.

No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

RECLAMACIÓN:

 As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as dictou.

 

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:

 

  • Pódese solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumplimentada no centro.

  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Anexo I).

  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Anexo II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.

  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da Consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

  • Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

 

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

 

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro. 

 

NORMATIVA:

 

 

SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE:

 

 

DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:

 

 

MÁIS INFORMACIÓN: