WebTrasancos

25N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. MOSTRA TRABALLO 4º ESO

O 17 de decembro de 1999 a asamblea xeral das nacións unidas declarou o 25 de novembro como día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Dende 2003 ata outubro de 2018 rexistráronse 58 asasinatos machistas en galicia e 966 no estado. Estes datos fannos considerar que esta dramática realidade require dunha resposta unánime e firme de toda a sociedade e en tódolos ámbitos.

O alumnado de 4º eso elaborou este traballo para denunciar as mensaxes que transmiten moitas das cancións que escoitamos normalizadamente e os sentimentos que producen as agresións verbais, físicas e de control.

 Para ver o traballo completo pica neste enlace ao blog do IES

Isto non remata aquí, en breve teremos máis novidades no noso compromiso coa igualdade