Celebrase nos vindeiros días a elección e renovación do Consello Escolar, polo que nos parece preciso informar a toda a comunidade educativa dos días nos que teran lugar as votacións e procedementos.
Elección representantes do alumnado As votacións terán lugar os días
Todo o alumnado: 28 de novembro de 10:10 a 14:00. Na sala de titorías.
Alumnado que non poidera votar por que o día anterior participou en actividades extraescolares: 29 de novembro de 12:10 a 12:30
Eleccións de representantes de nais/pais
A votación será o día 28 de novembro de 16,30 a 19,30 na Sala de Titorías.
Elección de representantes do persoal docente e non docente:
Profesorado e persoal non docente 28 e 29 de novembro ás 12:10 a 12:30 . A razón é facilitar a todo o profesorado a emisión do seu voto (había algúns que tiñan saídas un ou outro día). Votaremos na Sala do profesorado.
Aviso titores/as
Lembrádelle ao alumnado da vosa titoría que ademáis de nesta páxina, poden mirar a lista de candidaturas no taboleiro xunto a secretaría.
Para o día da votación: as conserxes pasarán polas clases para que o alumnado baixe a votar.
Enlace a lista de candidaturas
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CANDIDATURAS PRESENTADAS.pdf | 13.35 KB |