WebTrasancos

Cambios na oferta educativa

A Subdirección Xeral de Formación Profesional acaba de facer modificacións nos ciclos de Formación Profesional Básica que se imparten no IES Terra de Trasancos.

Solicitouse incorporar FPB de Servizos Comerciais á oferta habitual, pero a SXFP decidiu substituir Servizos Administrativos da Familia Profesional de Administración polo novo ciclo solicitado.

Picando no enlace de oferta educativa pode accederse ao programa deste novo ciclo.